O seu nome é Zarnigor Mardonova. Hoxe marchou para o seu país, Uzbequistán, na Asia central e quedamos con moita pena. A súa familia veu despedirse e fixemos algunhas fotos, non moitas para non prolongar demasiado o momento nin facer perder a clase aos compañeiros para esquecer os momentos tristes.
Un bico moi forte de todos nós Zarik!
Moita sorte a toda a familia!
Este é o libro que fixemos para agasallar a Zarik, cos nosos mellores desexos para que se lembre do cole de Vite e dos seus compañeiros e compañeiras; tamén das profes. Nós imos botala moito de menos.
Hoxe era un día emocionante porque puxemos cousas brillantes, tamén porque fixemos unhos agasallos que tiñamos preparados para Zarik.
Zarik é unha gran compañeira, no tempo que estivo aquí conseguiu que todos a queiramos un montón e por iso se merece todos estes agasallos: un libriño feito por todos, uns DVDs con fotos e vídeos e tamén algo que mercamos na tenda.