Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
21 dic 2012
PUBLICIDADE DE NADAL : VÍDEOS
Que ben o fixeron, non? E guapos! E as bonecas... para comelas de guapas. O coro, atentísimos e con bo tono. Que máis se podería pedir? Pois que todos os presentes e eles mesmos o pasaran ben e así foi.
20 dic 2012
O TREN DO NADAL
Así pintamos, entre todas/os o noso tren "auténtico" de RENFE. Tan auténtico era que, puxémoslle modelo, porta de abrir e pechar... de todo un pouco que a cada un ocorríaselle unha nova idea. Que marabilla facer todos estes traballos en equipo!
ENTREGA DE NOTAS... MOI ESPECIAL
Que entrega de notas máis divertida! Así o sobre aínda que levara algunha mala nova (unha suposición porque se traballou moito, aínda que sempre é posible un pouquiño máis), xa se compensaba co fermoso reno que fixemos na aula.
Festival de Nadal... HOXE!
Estamos encantados de vos convidar a todos ao maior evento do mundo mundial e parte do estranxeiro:
O Festival de Nadal do CEIP de Vite!
O segundo ciclo estará representando dúas obriñas ben distintas: Terceiro amenizaranos cun minutos de publicidade moi especiais e Cuarto coa representación do libro Os Poemas do Río.
Pola mañán faremos o derradeiro ensaio todos xuntos e, a partires das 16:30, faremos o propio festival.
Non o perdades!
17 dic 2012
O NOSO RECETARIO DO OUTONO
Deixamos hoxe esta presentación, con todas as receitas elaboradas polos equipos de traballo no noso proxecto de investigación de outono, para que o poidades descargar, imprimir e animarvos a cociñar e aprender como fixemos nós.
13 dic 2012
FELICITACIÓNS DE NADAL 2012
O alumnado de 3º e as profesoras Inma e Carmela fixemos un pequeniño proxecto utilizando o ipad para deseñar as felicitacións de Nadal para as familias e a comunidade educativa en xeral. Con todos os nosos mellores desexos e ademais algúns/algunha con moita arte. Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes.
12 dic 2012
FALAR EN PÚBLICO, TAREFA DIFÍCIL
O luns os equipos que tiñan realizado os traballos sobre os produtos do outono fixeron unha pequena exposición para os seus compañeiros/as. Todos prestaron moita atención e fixeron bastantes preguntas, sempre con afán de saber un pouco máis. Ao principio todos empezaban un pouco tensos pero logo, ante a curiosidade do público presente, xa se ían relaxando e, aínda que non está gravado, saían verdadeiramente os coñecementos adquiridos durante todo o proceso deste proxecto de investigación que acabamos de rematar.
ANIVERSARIOS EN 3º
Hoxe ZARNIGOR cumpriu 9 anos, celebrámolo como é debido e fixemos as fotos para deixar constancia do acontecemento.
Tamén vou poñer as de MARIO e NOA que fixeron os 8 anos en datas moi recentes.
Parabéns para todos nesa data tan especial par cada persoa.
XOGANDO AO CARACOL NO RECREO
O martes facía moito frío no recreo e no hai nada mellor que choutar sen parar; o xogo do caracol é o ideal para iso: María, Lucía, Zarnigor, Noa e Paula estiveron xogando todo o tempo, sempre co ánimo da profe Carmela, que lles foi explicando algunhas normas do xogo. Están ben explicadas no blog leriasdevite, preme se queres aprender un pouco máis.
Finalmente María e Lucía empataron; outro día continuarán a partida.
Finalmente María e Lucía empataron; outro día continuarán a partida.
5 dic 2012
A DERRADEIRA DEGUSTACIÓN CULINARIA: PUDIN DE ABELÁS
Que rico estaba o pudin! Lucía e Zarik fixérono o luns pero tiña que arrefriar no frigorífico así que onte papámolo case que enteiriño.
http://www.flickr.com/photos/90655766@N05/sets/72157632180079582/show/
3 dic 2012
PECHAMOS Á COCIÑA!
As imaxes das receitas de hoxe. Sempre se presenta algunha dificultade pero ao final sempre sae ben a receita... sobre todo vendo como comen algúns!
TALLER DE COCIÑA_DÍA 4
Hoxe pechamos a nosa cociña... polo momento. Aquí remata o taller de cociña do outono; todos os equipos propuxeron unha receita para elaborar co seu produto, tiveron que traer os ingredientes e... cociñar para unhas 20 persoas!
SON UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS DOS FOGÓNS E DO MICROONDAS!
SON UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS DOS FOGÓNS E DO MICROONDAS!
2 dic 2012
DESPEDIDA DE TAMARA: ALUMNA DE PRÁCTICAS
O venres foi o último día de traballo do alumnado de prácticas. Na aula de 3º estivo Tamara, que desde o primeiro día integrouse á perfección na vida académica. Foi estupendo contar coa súa presenza e esperamos que nos cursos seguintes poida volver a facer as súas prácticas aquí. Boa sorte, mentres tanto, nos teus estudos!
Tamara, con parte do alumnado da aula de 3º, no seu último día de prácticas. |
ÚLTIMAS RECEITAS DO TALLER DE COCIÑA. INGREDIENTES: ABELÁS E COGOMELOS
O outono vai avanzando e o noso proxecto está a piques de rematar. O luns, 2 de decembro, entran na cociña os dous últimos equipos de cociñeiros/as.
Aquí vos deixo as receitas que van preparar, para o deleite de todos os seus compañeiros e compañeiras:
ZARIK E LUCÍA:
NOA E SANDRA:
Aquí vos deixo as receitas que van preparar, para o deleite de todos os seus compañeiros e compañeiras:
ZARIK E LUCÍA:
NOA E SANDRA:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)