Onte a nai de Amal estivo contando un conto árabe que a súa filla traducía. Foi un éxito! Teñen pensado repetilo e facelo tamén no Centro sociocultural "Xosé Saramago" de Vite.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
17 ene 2014
9 ene 2014
O DÍA DE REIS NA AULA DE CUARTO
Aínda teñen moita ilusión e gozaron coa visita destas rapazas que viñeron recoller as artas para os Reis Magos e tamén a deixar algunhas lambetadas.
20 dic 2013
DESPEDÍMONOS XOGANDO
Este era o ambiente de xogo na nosa aula hoxe. Rotando nos xogos e tamén cambiando de compañeiros.
19 dic 2013
DANZAS DE 3º E DE 4º NO FESTIVAL DE NADAL 2013
Cos meus mellores desexos de felicidade para todos no novo ano. No blogue leriasdevite publicarei, cando me sexa posible, unha presentación coas fotos e vídeos do festival.
16 dic 2013
O NOSO NADAL
O alumnado de 3º fixo un traballo sobre o Nadal na REPÚBLICA DOMINICANA (Bruno), en CUBA (Tamara), en UZBEKISTÁN (Samira), en RUMANÍA (Marian), nos PAÍSES ÁRABES (Amal), na CULTURA XITANA (Rubén, Triana), en MADRID (Ismael) e en GALICIA (Laura, Hugo, David, Gael, Manuel). BO NADAL!!!!
15 dic 2013
POSTAIS DE NADAL 2012 - 4º
Os artistas remataron as súas obras e xa están expostas no corredor da entrada do centro. Coa mesma queremos facer unha reflexión sobre o consumismo excesivo polo Nadal, por iso utilizamos como soporte as bolsas de papel de diferentes marcas.
12 dic 2013
O CLUB DA CALCETA DE 3º
Un grupo de alumnado de 3º está aprendendo a calcetar nalgún recreo con persoas maiores que lle veñen a ensinar. Como mola!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


