Hoxe é o aniversario de Óscar pero, como non fixemos a foto de Sergio o propio día, hoxe deixo a presentación dos dous.
Parabéns para eles!
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
9 jun 2014
QUE QUEREMOS SER DE MAIORES O ALUMNADO DE 3º
ISMA : arqueólogo. LAURA : alcaldesa ou bailarina. HUGO E BRUNO : cociñeiros. GAEL : veterinario,camareiro ou xogador de baloncesto.
MANUEL : profesor de Educación Física. TAMARA : Azafata ou médica. SAMIRA: médica ou cantante. RUBÉN : policía. DAVID : tractorista. TRIANA : bailadora de flamenco. AMAL : mestra de Infantil.
AMAL NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"
O xoves 5 de maio, pola tarde, estivo a nosa compañeira Amal contando un novo conto árabe coa súa nai e irmán. Vedes o pescador? O día 7 de xullo volverán!!!
6 jun 2014
O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO
Esa é a conclusión que sacaron os nosos alumnos/as ao facer este traballo. Eles propoñen unha serie de solucións que todos podemos aportar para resolver, en certa medida, moitos dos problemas que a vida actual provoca no noso planeta.
Así que xa sabedes... A aportar o vóso gran de area!
O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO on PhotoPeach
Así que xa sabedes... A aportar o vóso gran de area!
O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO on PhotoPeach
O HORTO COMO ECOSISTEMA
Por fin rematamos este traballo de investigación sobre ecosistemas. O horto en xeral e o horto ecolóxico foron obxecto de profundo estudo. Na vindeira semana faremos a presentación, cada parella mostrará a súa parte e entre todos iremos facendo suxestións, preguntas, etc. A edición en maxilibro xa a temos na aula para que o poidan ir manexando libremente.
Estamos moi satisfeitos co traballo realizado grazas á colaboración de todos.
Estamos moi satisfeitos co traballo realizado grazas á colaboración de todos.
5 jun 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






