22 mar 2013

OBRADOIRO COCIÑA (HAMBURGUESAS): VÍDEOS

Esta nova entrada é para deixarvos unha mostra da festa de hoxe a través de vídeos; faltan algúns pero necesítoo editalos e iso requerirá un pouco máis de tempo (e aprendizaxe).






COCIÑAMOS AS HAMBURGUESAS!

Os preparativos fixémolos traballando en equipo; cada equipo encargouse de facer unha cousa diferente ata que deixamos repousar a carne xa adobada.
Entón fomos preparando a limonada e facendo unhas fichas coas secuencias da elaboración das hamburguesas.
... e xa chegou o momento de elaborar as bólas para facer as hamburguesas (cada un fixo dúas) e poñelas á prancha.
E a comerrrrrrr!: con queixo, leituga, cebola, mostaza ou ketchup. Fomos elixindo o que nos apeteceu para rechear o pan.
Estaban RIQUÍSIMAS!
E Sabela trouxo o postre: bombóns e tarta con galleta e chocolate, todo feito por ela e tamén riquísimo.

21 mar 2013

FALAMOS POR SKIPE CON TZARIK!

Hoxe foi un día de grandes emocións: apareceu na clase Faruk, o pai de Tzarik, para facer unha conexión coa súa casa en Uzbequistán.  A sorpresa foi maiúscula, algunhas caras vermellas, berros e algarabía...
Mostrámoslles uns agasallos propios da cultura uzbeca, con moitos dourados que nos trouxo. Moi peculiar unha especie de sombreiro para que a teteira "non pase frío" (para manter quente o té).
Tzarik é unha nena moi querida por todos e a posibilidade de falar con ela, púxoos un pouquiño descontrolados.
Todos e todas tivemos a posibilidade de falar con Tzarik e con Shoji. Hoxe era día de festa e estaba toda a familia, avós, tíos e tamén habería outros convidados así que estaban con roupas moi bonitas, as mulleres coas mans pintadas coa "henna"... TZARIK ESTABA GUAPÍSIMA!!!
Esta conexión foi moi emocionante e enriquecedora.


RECEITA HAMBURGUESAS

Esta é a receita das hamburguesas que intentaremos facer mañá.


PARABÉNS PARA ANDRÉS NO SEU 9º ANIVERSARIO!

Hoxe tivemos unha nova festa de aniversario: Andrés Martínez cumple 9 anos o domingo 24 de marzo así que aproveitou o día de hoxe para traernos unhas ríquísimas galletas e así facer a festa aquí no cole.
Que maiores vos estades a facer!

20 mar 2013

Semana da Prensa (e II)

Os de 4º tamén traballamos sen libro o día 15, tomando como referencia o periódico La Voz de Galicia. Fixemos varias actividades lendo novas e buscando información, para logo contrastar coa versión online do propio periódico.

Tamén vimos a versión online de El País, El Mundo, El Correo e de The London Times.
Eiquí tedes algunha imaxe da nosa xornada con xornais:





SEMANA DA PRENSA

O venres, 15 de marzo traballamos con xornais e sen libros. Preparamos unha batería de actividades, relativas ás distintas áreas do currículo, que realizaron en equipos (todas a partir dos xornais en papel e tamén dixitais).
Houbo un gran movemento pola aula para consultar mapas, buscar información a través da rede, nos dicionarios...
Durante esta semana aínda continuamos con estas actividades, pero as fotos que vos deixo corresponden á xornada do venres.

13 mar 2013

LINCE IBÉRICO - ELEFANTE - TRITÓN

Hoxe tócalle a quenda aos traballos de:
MARIO: LINCE IBÉRICO
SERGIO SEIJAS: ELEFANTE
FERNANDO: TRITÓN IBÉRICO

CUMPLE DE LUCÍA

O domingo, 10 de marzo, Lucía estivo de aniversario (cumplíu 9 anos). O luns, veu cargada para facer unha boa celebración cos seus compañeiros/as e mestras. Un biscoito caseiro e zume, dos que todos disfrutamos con ledicia.
Parabéns, Lucía!

7 mar 2013

A VISITA GUIADA POLA ALAMEDA EN IMAXES

O teacher Pablo xa publicou unha entrada explicando como foi toda a visita, realizada a semana pasada.
Hoxe publico estas imaxes que me pasou Sabela, a profe de prácticas de 3º.

PRESENTACIÓNS DIXITAIS DE HUGO E ÓSCAR

Os proxectos van avanzando e hoxe presentamos aquí os seguintes traballos:
A RA - HUGO
















A TARTARUGA - ÓSCAR

6 mar 2013

POWER POINT ANIMAIS ROBERTO E PAULA

Nesta entrada podedes aprender algo máis sobre:

 o tiburón, co traballo de Roberto


e sobre a xirafa, coa presentación de Paula.



1 mar 2013

Visita á Alameda

Hoxe os de Terceiro e Cuarto visitaron a Alameda xunto coas profes Inma e Mercedes, o teacher Pablo e a inestimable axuda da profe Sabela. A nosa guía polo lugar foi Irene. 

A visita comezou onda as Dúas Marías (1), punto de encontro obrigado deste parque, e o noso primeiro lugar de visita foi a sequoia (2) xunto a entrada da Porta Faxeira.




Logo visitamos a Oliveira (3) fronte ao instituto Rosalía de Castro, para logo entrar pola Porta dos Leóns a facer a roda da Ferradura. 

Todo ao longo do camiño hai fermosos carballos (4) cubertos de carriza todo arredor. 


Os nosos pasos leváronnos até a escultura de Valle-Inclán (5)... 


...para logo seguir rumbo ao enorme eucalipto (6) que vixía a catedral, chamada a Árbore dos Namorados...

Visitamos unha arboriña de froitos vermellos, o acivro (si, si; non miredes mal: escríbese con V antes de R), que aínda que xa non está en perigo de extinción é unha especie protexida, e hai que coidala! Ao seu carón había un fermoso cedro africano, e tamén un xingko (unha árbore cuxa especie é moi antiga: 270 millóns de anos!) (7).
Logo dimos un paseo polo chamado Xardín de Inverno, onde os xardiñeiros estaban preparando parterres de rosas de moitas cores (8).


Entre tantas flores deunos tempo a visitar á rosa máis bela do noso poemario (9): Rosalía de Castro (que cumpríu 176 anos o pasado domingo!). 


A súa estatua conmemorativa nos leva a Arxentina, Nova York, Porto Rico... lugares lonxanos da diáspora galega. Cerca deste punto puidemos ver tamén os pombais, e mesmo a unha fermosa pomba branca.



Agardábanos, a carón dun rododendro, o teixo (10), de follas parecidas ás da sequoia, pero ao mesmo tempo distintas... Que curioso mundo o das prantas!


Rematamos a viaxe por esta Alameda nunha árbore ben estraña, cun nome aínda máis estraño (11): a araucaria.

Agradecerlle a Irene, a nosa monitoria, este lindo paseo no cal aprendimos moitas cousas novas sobre un lugar que xa é un vello amigo: a Alameda.