Hoxe tivemos na nosa aula a visita do pai de Juan para falarnos e ensinarnos algunhas fotos sobre Aldeas Infantis SOS de Redondela, onde traballa.
Estamos a preparar un traballo para o Parlamento e el (Diego) xa nos trouxo información para poder realizalo mellor.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
30 may 2013
ANTÓN CORTIZAS ASINOU UN EXEMPLAR DO TASTARABÁS
Antón Cortizas fixo onte a presentación do seu libro TASTARABÁS, A ENCICLOPEDIA DE BRINQUEDOS TRADICIONAIS. Aproveitei para que asinara no exemplar que mercamos para a nosa biblioteca. El, co que levo compartido moitas charlas ao redor do feito lúdico e no que teño buscado asesoramento para pintar algúns dos xogos do noso patio, fíxonos esta fermosa dedicatoria.
O libro está á vosa dispor na biblioteca do centro e tamén o recomendo como un magnífico agasallo, merece a pena que poidades pasar as súas follas e lembrar a través das súas 2.600 fotografías algúns dos enredos que construístes e/ou practicastes. Seguro que aínda sodes capaces de aprenderlle aos vosos fillos e fillas a manexar as súas mans para facer algún deles e xogar xuntos.
Onde está o perigo?
Nas rúas, obviamente, en descoñecer as normas viarias e as sinais de circulación.
Hoxe fumos á Alameda a asistir ao programa de Compromiso coa seguridade viaria de RACE.
Estivo moi ben, xa que aprendimos que se sinte cando estamos baixo os efectos do alcol (gracias a unhas gafas especiais) e tamén a importancia de levar casco nos vehículos de 2 rodas! Vimos como é un casco por dentro, pero quedamos coa gana de xogar nos simuladores de coches... mágoa!
29 may 2013
ROBERTO: CAMPIÓN GALEGO BENXAMÍN DE WATERPOLO CO SEU EQUIPO
Eu xogo a waterpolo no CW Santiago. E o meu deporte favorito. Pásoo moi ben e teño uns compañeiros e un entrenador moi bo, que moitas veces adestra con nós na auga.
Este ano ganamos a liga de waterpolo benxamín. Aquí vai a noticia:
O EQUIPO BENXAMÍN DO CW SANTIAGO CAMPIÓN DA 1ª LIGA GALEGA DE WP
Este pasado sábado día 18 o CW Santiago disputou a última xornada de liga en categorías benxamín, infantil e cadete con boas noticias para o noso clube, xa que o equipo benxamín do CW Santiago proclamouse campión da primeira liga galega de waterpolo benxamín, grazas a súa vitoria ante ACW por un contundente tres a cero no total de partes e un resultado total de nove a dous. Xa no primeiro cuarto o equipo santiagués defendeu moi ben e conseguiu un parcial de tres a cero, que sumando os dous seguintes cuartos coa portería a cero distanciouse ata un parcial de sete a cero quedando o último cuarto para que os dous equipos sumaran dous goles que deron o resultado final. FELICITAR aos máis pequenos do clube que co seu logro dan outro título ao clube e o primeiro desta categoría estrenada este ano.
LIGA GALEGA BENXAMIN
CW SANTIAGO – ACW 3 – 0 (3-0; 2-0; 2-0; 2-2)
Roberto Carro (1), Luis Guilbert (2), Santiago Esturao (1), Fernando Ferrer, Daniel Ferreira (4), Sabela Ferreira, Nerea Carrillo
FELICIDADES CAMPIÓNS!!!
OS MILLORES XOGADORES DO MUNDO E OS MÁIS GUAPOS!
Óscar, Mario e Andrés, como futbolistas do clube Vista Alegre, fomos o venres pasado a un torneo en Abegondo. Un partido gañámolo 4-0 e os outros dous perdímolos. Aínda que nos eliminaron fomos comer todos xuntos. Pasámolo xenial!.
Mirade que guapos estamos coas nosas camisolas!
Mirade que guapos estamos coas nosas camisolas!
27 may 2013
O INFORMATIVO DE V TELEVISIÓN
Premendo na imaxe poderedes acceder á ligazón do informativo das 21:00h do pasado sábado (25-05-13). O espazo adicado ao uso das novas tecnoloxías no CEIP de Vite é o comprendido entre o minuto 19:30 e o 23:40.
24 may 2013
UN NOVO PROGRAMA DE TELEVISIÓN NA TVG3
O obxectivo deste traballo era facer un programa de entrevistas no que se reflectiran distintos traballos, materiais, ferramentas, etc.
Este grupo deféndese moi ben: fixeron un pequeno guión (ás veces axústanse a el e outras improvisan estupendamente), souberon manexar a cámara sen ningún problema, facer un reparto axeitado de convidados ao programa...
As futuras estrelas dos medios de comunicación: SERGIO LISTE (cámara), ANDRÉS FELIPE e NOA (presentadores). Os entrevistados/as: SERGIO SEIJAS, SANDRA, TEO, MARIO, LUCÍA, HUGO.
Este grupo deféndese moi ben: fixeron un pequeno guión (ás veces axústanse a el e outras improvisan estupendamente), souberon manexar a cámara sen ningún problema, facer un reparto axeitado de convidados ao programa...
As futuras estrelas dos medios de comunicación: SERGIO LISTE (cámara), ANDRÉS FELIPE e NOA (presentadores). Os entrevistados/as: SERGIO SEIJAS, SANDRA, TEO, MARIO, LUCÍA, HUGO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



