28 abr 2013

ANIVERSARIO DE HUGO

O venres, 26 de abril, Hugo estivo de aniversario (9 anos); trouxo unhas madalenas riquísimas feitas por súa nai. Gustaríanos contar coa receita e, aínda que xa están dispostos a facelas todos xuntos no cole, creo que non vai poder ser xa que non temos forno e iso é difícil de carrexar desde as nosas casas como fixemos con outros aparellos máis pequenos. Pero si que poderemos facelas nas casas, xa que agora "están dispostos a todo" no que á cociña se refire, sobre todo se é doce.
Parabéns Hugo!

26 abr 2013

LUDOTECA "GAZAFELLO"

O alumnado de 4º foi invitado por Juan a "súa" ludoteca. Graciñas, Juan (e familia). Pasámolo de marabilla!!!


Adrián e Verne


Adrián de cuarto ten a ben comentarnos a súa última lectura: A Volta ao Mundo en 80 Días, de Jules Verne.


 A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS.

Era unha vez ,en Londres , un home chamado Phileas Fogg, e tiña un criado ao que lle chamaban Picaporte . Phileas Fogg iba continuamente para xogar ao whist, que é como un xogo de casino, pero nun lugar chamado Reform-Club .

Un día, cando Phileas Foog estaba no Reform-Club xogando ao whist, fixo unha aposta.Tratabase de dar a volta ao mundo en 80 días, e mister Fogg aceptou aquel reto.

Cando Phileas Fogg chegou a súa casa, encontrouse con Picaporte, e díxolle que se preparara porque ían facer unha viaxe : a volta ao mundo en 80 días . Picaporte, ao escoitar esas palabras, impresionouse.

Cando chegaron á India, estaban montados en elefante, e viron como iban a matar a unha chica queimandoa, pero, gracias a míster Fogg, non deron . A chica subiu ao elefante e míster Fogg preguntoulle como se chamaba e ela dixo mistress Auda, e seguiron a súa viaxe con ela.

Percorreron todos os países, subiron en vehículos de todo tipo e hasta perderon tempo porque capturaran ao criado de Phileas Fogg uns do exercito indio. Phileas Fogg e mistress Auda estaban preocupados porque non aparecia e tiñan medo de que lle pasara algo malo, así que Phileas Fogg fui a buscalo .Ao cabo dun bo tempo, apareceron os dous con vida e mistress Auda puxose moi contenta, e aínda así, chegaron cun día de adelanto e non se deron coonta porque pensaban que perderan a aposta, pero pronto se deron conta porque Phileas Fogg e mistress Auda querian casarse e pedironlle a Picaporte que lle dixera ao cura que ao día seguinte habería unha boda . Pero Picaporte non viu ao cura e fui correndo para a casa para decirlle que a aposta acababa o sábado e estaban a venres e aínda podian ganar a aposta. E asío fixeron e, agora sí, ganaron a aposta .
E eso sí, Phileas Fogg e mistress Auda casaron ao día seguinte de gañar a aposta, e Picaporte de padriño de Phileas Fogg e din que foron os máis felices dos mortais, e botarian de menos esta volta ao mundo en 79 días. FIN

A min gustoume este libro porque deron a volta en 79 días e non se deron conta, pensaban que perderan a aposta pero gañarona Eu recomendaría este libro porque é de aventuras e ao mesmo tempo ten partes divertidas e emocionantes .

25 abr 2013

Non é un despiste, explícovos: o pai de Pedro non atopaba as fotos deste día e eu estaba segura de telas publicado e púxenme a buscar; lembrei que fixen o artigo en leriasdevite porque a actividade era de todo o centro. Logo, que aconteceu con esas fotos? Que as publiquei en flickr, conta gratuíta, e parece que xa non están... Este é o motivo de que repita a nova, pero xa só para o alumnado de 3º (se cadra se coou algún pequeno polo medio)

24 abr 2013

LEMOS O NOSO CONTO ENCADEADO

Este é o vídeo da lectura do conto encadeado, diante dun salón de actos ateigado de público. Todos prestaron moita atención e, ao remate, agradeceron o traballo cun gran aplauso.

Os rapaces e rapazas tamén están entusiasmados co resultado final, pois xa tiveron o "libro" rematado nas súas mans. E, o mellor de todo, teñen a cabeza cheíña de ideas para seguir escribindo e contando historias fantásticas. Que non se acaben nunca!


23 abr 2013

ANIVERSARIO DE ANDRÉS FELIPE

Hoxe celebramos o 9º aniversario de Andrés Felipe, trouxo tantas lambetadas que non chegou o tempo de recreo para rematalas. Foi un día moi, moi feliz para el sentíndose protagonista entre todos os seus compañeiros e compañeiras.
Parabéns para el e que siga tan contento e traballador!

22 abr 2013

DÍA DO LIBRO: CONTO ENCADEADO "O CAMPAMENTO DOS ANIMAIS"

Con motivo da celebración do Día do Libro 2013 estivemos elaborando un conto encadeado en cada ciclo. A temática, novamente, centrada no mundo dos animais. Mañá cada ciclo terá que ler o seu.
Iste é o conto que "encadearon" no 2º ciclo: empezaron os de 3º e remataron os de 4º.