10 nov 2014

LIBRO ALIMENTACIÓN 3º

Aínda que con retraso, déixovos hoxe a presentación dos traballos feitos polo alumnado de 3º, dentro do proxecto sobre alimentación.

9 nov 2014

AS EXPOSICIÓNS NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres, tivemos unha sesión científica, con intercambio de experiencias entre o alumnado de 3º e o de 4º. Estes rapaces e rapazas, que traballaron durante días nos preparativos, demostraron que teñen moita soltura para falar en público. Resultou ser unha experiencia moi positiva para todas e todos.

8 nov 2014

OBRA DE TEATRO E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

 O mércores, 5 de novembro, o alumnado de 3º e 4º asistimos a unha representación teatral "Rumpelstikin, o anano saltarín" (Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro? Cal é o prezo da riqueza?...). Antes aproveitamos para ver a exposición de marionetas de África que había alí tamén. A continuación, visitamos o Museo de Historia Natural.





6 nov 2014

TRABALLANDO EN EQUIPO EN 3º

Estas son imaxes de hoxe. Traballo en equipo do alumnado de 3º:
Uns, aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto da alimentación, tiñan que preparar menús equilibrados.
Outros facendo esquemas do tema actual de Ciencias Naturais, aprendendo a seleccionar as ideas principais e as secundarias e a organizar a información. Todo iso coa axuda dos ipads, usando a aplicación MINDOMO.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS















https://plus.google.com/photos/105555881205836485805/albums/6078638990912704673/6078638993660551442?banner=pwa&pid=6078638993660551442&oid=105555881205836485805

2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL

Estas son algunhas fotos da participación do alumnado de 3º e 4º no 2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL, celebrado na Biblioteca Ánxel Casal. Son de baixísima calidade pero así saíron...
Trabalinguas, sortes de rifas, cantigas de berce, diálogos á porta da casa... Unha marabilla escoitalos a todos e todas.

4 nov 2014

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Estes días todo o alumnado e profesorado andamos moi ocupados, entre outras cousas. Aínda non podemos deixarvos a presentación completa, para non perder a sorpresa. Déixovos un avance dos preparativos na clase de 4º.