10 abr 2014

7 abr 2014

A HISTORIA A TOPE

Ordenadores mac, pc, ipads, correo electrónico, pendrive, pdf, power point, keynote, google, controlC, controlV... Toda unha colección de termos que imos manexando pouco a pouco, e non sen dificultades, no camiño da realización dos nosos traballos sobre as distintas etapas da Historia.
O importante é o queremos conseguir e, claro, polo medio temos que superar etapas na adquisición das destrezas tecnolóxicas.
Unha mostra da sesión de hoxe:

5 abr 2014

APRENDEMOS HISTORIA

Estes días o alumnado de 4º, organizados en 5 equipos, están traballando duro para completar unha presentación dixital sobre as etapas da Historia. En breves días farán a presentación para os seus compañeiros/as.

10º ANIVERSARIO DE FERNANDO

Onte, venres, Fernando cumpriu 10 anos e celebrámolo con entusiasmo e alegría. E, como sempre, comendo e cantando.
Parabéns Fernando e gozade moito nesa festa cos amigos, con cine incluído.

3 abr 2014

FIN DO TORNEO DE BRILÉ 2014


Estas son as fotos da entrega de agasallos do torneo de brilé deste ano. Non están todos/as os que xogaron porque só 4 equipos acadaron "trofeo" (3 equipos máis tiveron penalizacións por non axustarse estrictamente ás normas do torneo: solución pacífica dos conflitos. Outra vez será.
Parabéns para todos os gañadores/as e os xogadores/as dos outros equipos que souberon participar con limpeza e compañeirismo no xogo e que conseguiron o seu diploma. Tamén para as tres axudantes colaboradoras (Bea de 5º e Paula e María de 3º) polo seu magnífico traballo.

BRILÉ 2014 on PhotoPeach

2 abr 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO E DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

VISITA Á EXPLOTACIÓN GANDEIRA DA FAMILIA CARRO EN BOADO - MESÍA

A MILLOR EXCURSIÓN DO MUNDO. Este era un dos múltiples comentarios que facían hoxe os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Ed. Primaria ao remate da visita a esta granxa.
Todo partiu da colaboración dos pais de Roberto (4º) coa finalidade de ampliar coñecementos sobre os oficios e as profesións; eles coordinaron esta saída que non sería posible sen a colaboración dos seus cuñados, José Manuel e Flora. Entre todos fixeron da mañá de hoxe un tempo inesquececible.
José Manuel e Flora mostráronnos as instalacións e foron explicando as distintas facetas do seu traballo diario.
Todo está automatizado. Os robots están presentes en distintos traballos: limpar os establos, ordeñar, cepillar as vacas, etc.
Hai animais de distintas idades; os máis pequenos con tan só dúas semanas de vida resultaron ser uns bonecos nas mans do noso alumnado, desexosos todos de tocarlles. Pero tamén houbo lambetadas de parte das vacas leiteiras.
E falando do leite... Que marabilla ver o proceso de muxir, todo informatizado ata o punto de que cada vaca vai á sala de muxido cando quere; a máquina rexistra os datos (nº de identidade, litros de leite, etc.)
Vimos tamén todo tipo de forraxes para a súa alimentación: silo de millo, de restos da elaboración da cervexa, unha finca experimental con VEZA, unha leguminosa semellante ás lentellas...
Os nosos anfitrións prepararon unha magnífica merenda para todos e todas, con leite de verdade e galletas.
Non vou contar eu todo; que sexan eles e elas os que vos conten os pormenores.
E despídome por hoxe cun enorme agradecemento a Mª José e Luis, os pais de Roberto, e a Flora e José Manuel, seus tíos, por brindarnos esta magnífica xornada.