O equipo de Pedro, Tania e Paula falou hoxe da minería en Galicia, no seu documental de imovie. Ao remate, trouxeron unhas caixas con fósiles, rochas e minerais; tamén un pico dos que se usan para as excavacións!
Poidemos ver sal gema, pirita, granito, pizarra, cuarzo, pedra volcánica, moitos fósiles de animais e vexetais ...
Causaron sensación as cores, as formas de cristalización nas que empezaron a comprobar que lembran ás figuras xeométricas que estamos aprendendo en Matemáticas...
Os fósiles gustaron moito, pero aínda non estaba claro o que era exactamente. Premede na ligazón para aclaralo un pouco máis.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
6 jun 2013
5 jun 2013
Á CAZA DOS GRILOS: XOGOS DE ANIMAIS EN ED.FÍSICA
Hoxe facía calor pero os grilos resistíanse. Foi o xogo elixido por Adrián para explicarlles aos seus compañeiros. Un auténtico éxito aínda que atopamos máis ben outros bichiños, así aprendemos a distinguilos porque andamos un pouco "verdes" no asunto.
Soupemos atopar as covas dos grilos e "facerlles cóxegas" cunha palliña para que saíran, pillamaos saltamontes, bolboretas, escarabellos bóla...
Soupemos atopar as covas dos grilos e "facerlles cóxegas" cunha palliña para que saíran, pillamaos saltamontes, bolboretas, escarabellos bóla...
ARTESANÍA MARABILLOSA: ANIMACIÓN CON IPAD
Este é o último proxecto desta serie: OS TRABALLOS. Está feito co ipad (coa aplicación toontastic) polo equipo formado por MARÍA, ÓSCAR E MARCOS.
4 jun 2013
OS TRABALLOS EN GALICIA: TRAILER A XEITO DE DOCUMENTAL
Pedro, Tania e Paula fixeron este proxecto co ipad para aplicar os coñecementos adquiridos na área de Coñecemento do Medio.
Procuraron ambientar un pouco, cos recursos ao seu alcance, os traballos máis salientables de Galicia (tanto no referente aos produtos naturais como elaborados). Quedan aspectos sen tratar pero a cousa non daba para máis...
Moi bo traballo feito coa aplicación IMOVIE, que xa dominan moi ben.
Procuraron ambientar un pouco, cos recursos ao seu alcance, os traballos máis salientables de Galicia (tanto no referente aos produtos naturais como elaborados). Quedan aspectos sen tratar pero a cousa non daba para máis...
Moi bo traballo feito coa aplicación IMOVIE, que xa dominan moi ben.
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON IVÁN SUÁREZ
A semana pasada visitounos Iván Suárez, ilustrador de BOLA DE MANTEIGA, da editorial OQO. Con el aprendemos a debuxar emocións e sentimentos: xestos de tristeza, aburrimento, tristeza, susto...
Nas fotos podedes ver algúns dos traballos que fixeron os nosos/nosas artistas gráficos.
Nas fotos podedes ver algúns dos traballos que fixeron os nosos/nosas artistas gráficos.
HOMENAXE Á AVOA DE HUGO
A avoa de Hugo, Concepción Fandiño Soto, foi mestra de aldea. A semana pasada fixéronlle un homenaxe en Donón.
Na seguinte ligazón do FARO DE VIGO fala diso e tamén explica como era o ensino fai 40 anos nunha aldea.
Parabéns para Dona Concha porque é unha gran felicidade que a lembren con agarimo aquelas persoas ás que ela formou naqueles primeiros anos.
Aquí aparece Hugo, o seu neto, explicándolle aos seus compañeiros, quen é a súa avoa na reportaxe publicada no Faro de Vigo.
O ANIVERSARIO DE SERGIO LISTE
Onte, Sergio estivo de aniversario (9 anos). Xa levaba días cun bule bule no corpo que non lle deixaba parar e por fin... chegou o día! Veu cargado con caixas de galletas surtidas e zumes, e os lambóns foron papando nas viandas. Levou os tiróns de orellas e tamén houbo canción de parabéns de distinto tipo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
