21 ene 2013

FACENDO CINE COS iPAD

O alumnado de atención educativa de 4º andaba hoxe co profe Pablo polos corredores do cole gravando co ipad: están facendo un trailer de cine (un avance en vídeo, presenta unha sinopsis ou resumo do que sería a película completa).
Os de 3º tamén fixeron outros antes de Nadal.
Poderedes velos todos neste blog dentro de moi pouco tempo e tamén se proxectarán na SEMANA IV DO CINE, que terá lugar dentro de moi poucas datas...
A esperar con paciencia!

20 ene 2013

DIVISIÓN POR UNHA CIFRA

Para que practiquéis un pouquiño, que parece que no ordenador mola máis!
Preme na imaxe, pon as túas propias divisións e comproba o seu resultado correcto.

CURIOSIDADES SOBRE ANIMAIS

Atopamos este magnífico xogo na zona de alumnado da Junta de Castilla y León. Preme na imaxe e toda a familia pode poñer a proba os coñecementos sobre animais.

16 ene 2013

UN TRABALLO EN PARELLAS/TRÍOS

Con moito retraso porque algúns non deron entregado as súas plantillas, pero aquí deixamos un traballo conxunto realizado con moito esforzo e colaboración entre os compañeiros/as da clase de 3º.
Grazas tamén ás familias que colaboraron na busca de información.

PATINAXE SOBRE XEO

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN
María Lago Vence (3º EP): hoxe fixemos unha excursión á pista de patinaxe sobre xeo, e pasámolo moi ben. Ao principio non  daba patinado pero pasou o tempo e conseguino.

15 ene 2013

VISITA DA AUTORA E ILUSTRADORA DE "POEMAS DO RÍO"

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

Hoxe estiveron con nós Cristina Corral e Aurora Cascudo, autora e ilustradora do libro "POEMAS NO RÍO", un libro que lemos no 1º trimestre.
O alumnado de 4º fixo unha representación desta obra e os de 3º fixeron unha lectura. Tamén houbo sinatura de autógrafos para todas/os nós.

11 ene 2013

Vémonos, Mariana!

A nosa compañeira Mariana cambia de cole. Ímola botar de menos, porque era moi boa amiga.

Mariana é moi simpática, boa, intelixente e linda.

Cada vez que alguén se sentía mal Mariana animábao e facíalle rir.

Un bico moi grande desde Vite! 

ATÉ SEMPRE!



WE LOVE YOU!!!