O alumnado de 3º preséntavos un novo programa de VITE INFORMA, adicado a darnos a coñecer ao pintor Giuseppe Arcimboldo.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
27 mar 2014
25 mar 2014
ANIVERSARIO DE ANDRÉS MARTÍNEZ
Andrés cumpriu 10 anos e celebrámolo como se merece. Cantamos, comemos galletas e tomamos zume. E non faltou o tirón de orellas.
Parabéns!
Parabéns!
19 mar 2014
TRAILER "LUCAS QUERE SER PALLASO" - 4º EP
A gravación da película "LUCAS QUERE SER PALLASO" está rematando. Os autores/as do guión, tamén actores e actrices da mesma, temos o pracer de deixarvos este adianto do noso traballo.
18 mar 2014
16 mar 2014
ANIVERSARIO DE NADHIFA
Nadhifa cumpríu 11 anos o pasado venres. É o seu primeiro aniversario fora do seu país, Indonesia, e está adaptándose moi ben e aprendendo o noso idioma.
Parabéns!!!
Parabéns!!!
14 mar 2014
SEMANA DA PRENSA
Hoxe no noso colexio celebramos a semana da prensa. O alumnado de 3º fixemos
o día sen libros. Traballamos co xornal Lingua Castelá, Lingua Galega, Coñecemento do Medio, Plástica, Matemáticas...
o día sen libros. Traballamos co xornal Lingua Castelá, Lingua Galega, Coñecemento do Medio, Plástica, Matemáticas...
10 mar 2014
LUCAS QUERE SER PALLASO
Hoxe empezamos a gravación dun filme a partir dun guión feito polo propio alumnado de 4º. Ide collendo sitio nas butacas porque van estar ateigadas as salas para poder velo... dentro dun tempiño.
DÉCIMO ANIVERSARIO DE LUCÍA
Hoxe estivemos de festa; Lucía cumpría 10 anos e quixo agasallarnos con biscoito e zume para todos. Non faltou a canción dos parabéns e os tiróns de orellas. E, ademais, puidemos celebralo baixo o sol radiante deste pequeno verán anticipado.
5 mar 2014
APRENDENDO A CALCETAR
Os xoves, nos recreos, algúns nenos e nenas de 4º aprenden a calcetar e a facer "pompóns" coas señoras da Asociación AGADEA.
UN PASO ADIANTE CO GALEGO
O título desta entrada correspóndese co lema do CORRELINGUA 2014. E tamén é o título do vídeo que elaboramos en 4º coa finalidade de reflexionar na necesidade de dar pequenos pasos para progresar no coñecemento da nosa lingua e participar no concurso de vídeos na vindeira edición do CORRELINGUA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)