O alumnado de 4º limos unha historia sobre a existencia do cuarto rei mago: Melchor, Gaspar, Baltasar e Arbatán. Que interesante!
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
19 dic 2014
18 dic 2014
17 dic 2014
PEQUENOS ARTISTAS
Hoxe, os nenos e nenas de 3º e 4º fomos ver unha exposición de arte. Había moitos cadros bonitos de Dalí, Picasso, Miró, Laxeiro,Urbano Lugrís.... Fixemos un xogo para adiviñar cadros seguindo unhas pistas. Despois fixemos a nosa propia obra de arte: unha escultura que nos saiu xenial! Pareceume moi bonito.
SARA MÍGUEZ 3º
SARA MÍGUEZ 3º
FELIZ ANIVERSARIO!
Parabéns para os nenos e nenas que cumpriron anos este trimestre: Candela, Karla, Chano, Luis, Brais e Manuel.
OS MOVEMENTOS DA TERRA E AS SÚAS CONSECUENCIAS
Este é o último traballo realizado polo alumnado de 3º. Os nenos e nenas deste grupo (Sara Míguez, Sara Elisa, Vanesa, Álvaro, Alén e Carla García) tuveron que facer un importante esforzó para buscar, seleccionar e resumir a información. Para a presentación final usaron a aplicación EDUCREATIONS .
12 dic 2014
NADAL
O alumnado de 4º de Primaria escribimos a nosa carta para Xián, o Xestor Intergaláctico de Agasallos do Nadal. As nosas cartas son as primeiras que hai na caixa de correo! E tamén lles escribimos unha postal de Nadal ao alumnado de 4º do colexio de Portosín. Bo Nadal!!!!
11 dic 2014
ORIENTACIÓN
Un novo traballo realizado polo alumnado de 3º, dentro do tema "O Planeta Terra". Nesta ocasión Candela, Diego, Brais Espiña e Manuel utilizaron a aplicación VOICE para ipad. O difícil sempre é a busca e selección da información así como á elaboración dos textos, utilizando unha linguaxe que poidan entender.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







