Hoxe póñovos actividades de Matemáticas, para que fagades prácticas de cálculo mental. Unha recomendación: para non perder tempo é mellor utilizar o teclado numérico (o que está á dereita). Cantas operacións eres capaz de resolver correctamente en un minuto?
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
28 feb 2013
27 feb 2013
PARA APRENDER A ESCRIBIR CONTOS
Gustaríavos ser escritores? Se esta non é a profesión do teu futuro pero queres divertirte un pouco inventando as túas propias historias con un pouco de axuda, preme na imaxe e sigue as pautas.
CADERNOS DE CALIGRAFÍA
Estes son os cadernos de caligrafía dos que falamos na reunión coas familias do pasado martes; empeza no nº 1 coa dirección no trazo das letras e vaise avanzando a medida que cada un vai vendo as necesidades (os números 1, 2 e 3 son os máis elementales pero para asentar a direccionalidade no trazo están moi ben)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL - GALICIA: CONTOS DO MUNDO
Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha interesante actividade de dinamización lectora, coa presenza dunha representante da ONG Solidariedade Internacional - Galicia. O alumnado estivo moi atento en todo momento, seguindo as evolucións do conto "Irene no Oriente próximo": a través das súas aventuras, e das historias recompiladas durante os seus días por Líbano, Xordania e Palestina, Irene, filla de cooperantes, achegará unha boa parte da cultura e tradicións aprendidas durante a súa viaxe a nenos e nenas..
Ao final houbo agasallos para todos eles e elas un exemplar do libro e un chisco da prezada area do deserto.
Déixovos unha mostra das fotos da sesión.
22 feb 2013
Técnicas de Estudo
A profe Mercedes tróuxonos unhas técnicas de estudo para mellorar as nosas habilidades!
Eiquí o segundo equipo de Informática dos venres pasamos a copialo:
1) Lectura rápida do tema
2) Lectura comprensiva e subliñado
Ler e subliñar o máis importante.
3) Esquema
Se se fixo ben o subliñado, só é cópialo ordenadamente.
4) Memorización
Memorizar comprendendo.
5) Repaso
OLLO! Moi importante repasar. Memorizar e repasar deben ir xuntos. Se non repasamos, non nos acordaremos de nada.
Eiquí o segundo equipo de Informática dos venres pasamos a copialo:
Técnicas de estudo
1) Dúas Lecturas
2) Subliñado
3) Esquema
4) Memorización
5) Repaso
1) Lectura rápida do tema
2) Lectura comprensiva e subliñado
Ler e subliñar o máis importante.
- Os títulos (pode ser con rotulador fluorescente).
- As ideas principais en vermello.
- As ideas secundarias en azul.
3) Esquema
Se se fixo ben o subliñado, só é cópialo ordenadamente.
4) Memorización
Memorizar comprendendo.
5) Repaso
OLLO! Moi importante repasar. Memorizar e repasar deben ir xuntos. Se non repasamos, non nos acordaremos de nada.
20 feb 2013
PRESENTACIÓNS DIXITAIS (PPT) ANIMAIS-PEDRO E TANIA
Seguimos traballando a fondo o temas dos animais como tema transversal. Na área de Coñecemento do Medio imos pouco a pouco avanzando na elaboración das presentacións dixitais sobre o animal elixido; xa sabedes que despois cada un tén que facer unha exposición ante os seus compañeiros/as que sempre teñen unha chea de preguntas para eles. Un montón de experiencias enriquecedoras, sen dúbida.
Aquí están os traballos de Pedro e de Tania, feitos en powerpoint e pasados a película para poder compartilos con vós.
PEDRO VALERO (O RINOCERONTE)
TANIA (O GATO PERSA)
Aquí están os traballos de Pedro e de Tania, feitos en powerpoint e pasados a película para poder compartilos con vós.
PEDRO VALERO (O RINOCERONTE)
TANIA (O GATO PERSA)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








