21 dic 2012

PUBLICIDADE DE NADAL : VÍDEOS

Que ben o fixeron, non? E guapos! E as bonecas... para comelas de guapas. O coro, atentísimos e con bo tono. Que máis se podería pedir? Pois que todos os presentes e eles mesmos o pasaran ben e así foi.




FESTIVAL NADAL 2012 - FOTOS 3º

Para que non teñades que esperar, pero non vos afagades mal!


20 dic 2012

O TREN DO NADAL

Así pintamos, entre todas/os o noso tren "auténtico" de RENFE. Tan auténtico era que, puxémoslle modelo, porta de abrir e pechar... de todo un pouco que a cada un ocorríaselle unha nova idea. Que marabilla facer todos estes traballos en equipo!


ENTREGA DE NOTAS... MOI ESPECIAL

Que entrega de notas máis divertida! Así o sobre aínda que levara algunha mala nova (unha suposición porque se traballou moito, aínda que sempre é posible un pouquiño máis), xa se compensaba co fermoso reno que fixemos na aula.

Festival de Nadal... HOXE!

Estamos encantados de vos convidar a todos ao maior evento do mundo mundial e parte do estranxeiro:

O Festival de Nadal do CEIP de Vite!

O segundo ciclo estará representando dúas obriñas ben distintas: Terceiro amenizaranos cun minutos de publicidade moi especiais e Cuarto coa representación do libro Os Poemas do Río.

Pola mañán faremos o derradeiro ensaio todos xuntos e, a partires das 16:30, faremos o propio festival.
Non o perdades!

17 dic 2012

O NOSO RECETARIO DO OUTONO

Deixamos hoxe esta presentación, con todas as receitas elaboradas polos equipos de traballo no noso proxecto de investigación de outono, para que o poidades descargar, imprimir e animarvos a cociñar e aprender como fixemos nós.

13 dic 2012

FELICITACIÓNS DE NADAL 2012

O alumnado de 3º e as profesoras Inma e Carmela fixemos un pequeniño proxecto utilizando o ipad para deseñar as felicitacións de Nadal para as familias e a comunidade educativa en xeral. Con todos os nosos mellores desexos e ademais algúns/algunha con moita arte. Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes.