29 nov 2012

VÍDEO DE COCIÑA. TORTILLA DE CABAZA E CABACIÑA

Por problemas técnicos non foi posible subir este vídeo ata hoxe, pero o traballo deste equipo de cociña non podía quedar sen visualizar. Que disfrutéis igual que o fixemos nós... mirade as súas caras e xestos!


28 nov 2012

1999 RQ36

Ese nome tan estrano é o que ten un asteroide ao que a sonda OSIRIS-REx vai visitar para recoller mostras.
Eiquí o tedes. Sae un pouco pixelado, porque está moi lonxe i é moi pequeno.

O asteroide é un veciño noso, e está moi cerquiña da Terra (tarda 436 días en dar unha volta ao Sol... lembrade que nós tardamos 365: iso significa que está un pouquichiño máis lonxe do Sol que nós). 
É pequecho: só mide 493 metros de diámetro, e está un pouco triste, xa que non ten nome.

Pero iso vaise arranxar: dende a páxina Planetary.org propuxeron un concurso: Poñer nome a ese asteroide!

O grupo de Atención Educativa de 4º, composto por Yasmina Rey, Khadija, Ana, Diana e Juan, decidimos concursar e chamarlle BREOGÁN, coma o nome do mítico rei galego. Pensamos en PEÓN, por ser un xoguete popular; en VITE, en OBRADOIRO, en COMPOSTELA e noutros nomes, pero logo vimos que os da UAI (a Unión Astronómica Internacional) preferían nomes mitolóxicos. Mandamos un formulario coas nosas razóns para chamarlle Breogán, e o teacher Pablo traducíuna ao inglés e aló a mandamos.

Ogallá nos elixan!


Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit  Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.

26 nov 2012

VÍDEOS COCIÑA_DÍA3 (NOCES - CABAZA)

Ata hoxe non apareceran as nenas pola nosa cociña. Mirade que xeito lle puxeron, xa din elas que axudan na súa casa. Eles tamén o fixeron moi ben aínda que amasar fora un pouco "noxento".

TALLER COCIÑA_DÍA 3: AS FOTOS (EQUIPOS NOCES E CABAZA)

TANIA, PAULA, MARÍA, ÓSCAR E ROBERTO. Novamente deron a talla e, aínda que o normal é que as receitas non saian ben á primeira, estes cociñeiros e cociñeiras teñen tan boa man que son capaces de experimentar unha vez e xa facer unhas comidas moi boas: hoxe había algo verde ( a tortilla de cabaza e cabaciña) e xa non gustou a todos... pero si á gran maioría! As lambetadas sempre teñen éxito e hoxe había boliñas de noz, moi, moi doces... riquísimas e moi doadas de facer aínda que algo pringosas para as mans, verdade Óscar?
PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN




VÍDEOS TALLER COCIÑA- DÍA2 (LIMONADA)

Para que vexades a habilidade destes rapaces... Ao millor aquí se está a fraguar o futuro da escola de Hostelería de Santiago!

25 nov 2012

TALLER DE COCIÑA DÍA 2 (INGREDIENTE: OS LIMÓNS)_IMAXES

Mario, Andrés e Sergio Seijas conseguiron facer, según a opinión maioritaria, "a mellor limonada das súas vidas". Todos foron para a casa con intención de facela: teño que dicir que na receita hai un erro, xa o vedes nas fotos: usaron a licuadora e non a batidora.


22 nov 2012

LUNS, 26 DE NOVEMBRO: COCIÑA - DÍA 3

Déixovos as receitas dos dous equipos; preme nas imaxes para poder velas e/ou descargalas.
EQUIPO NOCES: Óscar - Roberto

EQUIPO CABAZA E CABACIÑA: María - Tania - Paula