26 oct 2012

Aperta á nosa biblioteca favorita

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos e de 3ºe 4º de Vite fomos a darlle unha aperta á biblioteca Ánxel Casal.

O dia 24 de outubro foi o dia internacional das bibliotecas e por iso fomos  alí.







A todos os nenos de Vite nos gustan as bibliotecas!

Aparato locomotor: esqueleto e músculos

Como xa temos que memorizar moitos nomes de ósos e de músculos, imos facer a tarefa máis sinxela entrando nestas ligazóns a actividades Lim.   
O esqueleto                                                                    Os músculos


23 oct 2012

Visita á Biblioteca do Ensanche

Hoxe fumos de visita á biblioteca de Novacaixagalicia no ensache, en Frei Rosendo Salvado. Podedes atopala EIQUÍ.

Alí tivemos unha anfitriona de excepción: Bea; explicounos como é o funcionamento desta biblioteca e como usar cada un dos seus espazos. Ademais contounos un lote de contos dun xeito moi ameno.

Agora xa coñecemos un novo lugar onde ler, coñecer xente e aprender cousas novas.

22 oct 2012

REDONDEO EN MATEMÁTICAS

Actividades LIM para insistir no REDONDEO (aproximación á decena, centena ou unidade de millar máis próxima na recta numérica).

PREME NA IMAXE PARA REPASAR UN POUCO.


TROUXEMOS DA CASA SETAS E OUTROS PRODUTOS DE OUTONO

Que marabilla chegar á aula e o alumnado coas súas cestas ou caixas cheas de produtos de outono, unha ledicia ver as súas caras de satisfación mostrando as súas aportacións tamén en forma de traballo xa elaborado e contando aos seus compañeiros e compañeiras as súas andainas da fin de semana.
Isto non está escrito nos libros de texto e non se esquece do mesmo xeito. Isto é aprender a través das experiencias vitais. Grazas a vós familias pola vosa implicación, así da gusto traballar!

ANDRÉS MARTÍNEZ: fun con meu pai e o meu irmán. Collemos moita variedade de setas (boletus edulis- comestible e moi saborosa, amanita pantherina - tóxica, e tamén outras que aínda non identificamos).

ÓSCAR: fumos meu pai e eu ao monte e collemos moitos cogumelos.

MARIO: no monte dos meus avós, meu pai, miña nai, miña avoa, miña irmán e mais eu collemos moitísimas setas. UNHA ERA XIGANTE (unha delas era amanita muscaria, moi tóxica e que produce alucinacións). Tamén collín un boletus (o pé gordo - comestible)


PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA        
DE FOTOS






21 oct 2012

PARA SABER MAIS SOBRE OS COGUMELOS

O venres profundizamos un pouquiño máis no coñecemento dos cogumelos:
  • son seres vivos?
  • son plantas?
  • por que se deben levar unha cesta cando os recollemos?
  • por que non debemos arrincalos senón que debemos cortalos?
  • ...
Todas estas e moitas outras interrogantes fomos resolvéndoas ao ir contemplando este powerpoint sobre os cogumelos que atopamos no blog do CEIP A MAÍA; se premes sobre a imaxe poderás velo e coñecer un pouco máis