28 feb 2019

XOVES DE COMADRES ( E DE COMPADRES TAMÉN)

Hoxe é o día en que as mulleres de algunhas vilas e pobos galegos celebran o xoves de comadres.
Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.


27 feb 2019

STOPMOTION: A FUNCIÓN DE RELACIÓN

Por fin rematamos a nosa primeira experiencia creando esta presentación coa técnica do stopmotion. Usamos a aplicación Stop Motion para ipad para crear o efecto de movemento e así, coa participación de todos os nenos e nenas da clase, conseguimos explicar a función de relación dun xeito diferente.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DO COMEDOR

O equipo formado por Seil, Samuel, Iago e Álex Seone decidiron informarnos sobre o funcionamento do comedor: curiosidades sobre as persoas que traballan alí, os menús, os prezos e as actividades que fan. Bo traballo!


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 2º

Os xornalistas que fixeron este traballo de investigación foron: Jesús, Sofía, Lucía, Raúl e Lucas. Estiveron falando cos nenos e nenas e tamén con Nuria, a profe de 2º á que pillaron polos pelos porque era o seu último día no cole.
Esperamos que vexa este telexornal e que lembre os bos momentos pasados en Vite.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 4ºA

Aarón, Teo, Adriana e Javier estiveron cos seus compañeiros/as de 4ºA e interesoulles moito un traballo que estaban a facer usando os Ipads.

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 5º

Joel, Noelia, Patricia e Andrea viron uns traballos colgados no taboleiro de 5º que está no corredor. Decidiron averiguar como se facía aquilo que lles gustaba tanto.

26 feb 2019

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 3º

Neste grupo a noticia seleccionada foi unha saída didáctica relacionada coa alimentación; se queredes saber máis tedes que ver o telexornal que fixeron Álex, Carla, Sara e Abel.