4 nov 2013

O PEÓN NA CLASE DE ED. FÍSICA

Aínda que os peóns saíron ao patio do noso cole hai tempo,  hoxe empezou "oficialmente" a actividade de XOGO CO PEÓN, nas clases de Ed. Física.
Algúns xa trouxeron a súa obra de arte para participar na III mostra mundial de decoración de peóns, outros esqueceron que tamén fai falta un para bailalo, xogar e aprender trucos.

Este ano imos a facer un circuíto de  habelencias co peón: bailar á patada, bailar normal, o canciño, o ascensor, a serra e calquera outro truco que sexan capaces de facer.

Tamén practicaremos xogos: OS VEZOS, O TURBO, OS BECHOS...

Se premes na imaxe poderás acceder á galería de imaxes de hoxe.
PEÓN 13 - 2ºCICLO

ANIVERSARIO DE NOA

Ola, son Noa. Onte estuven de cumpleanos. Regaláronme un conto de Tea, un xogo de adiviñar quen é quen e unha bolsa de material de manualidades.

3 nov 2013

OS CIENTÍFICOS DE 4º COMPARTIRON A SÚA EXPERIENCIA COS DE 6º

Foi unha bonita sesión na que fallou un pouco o reactivo utilizado pero aínda así resultou moi educativa  para todos e todas.


OS CIENTÍFICOS DE 3º COMPARTIRON AS SÚAS EXPERIENCIAS CO ALUMNADO DE 4º


O alumnado de 3º preparou dous experimentos relacionados coa temática sensorial.
Fixeron unha exposición teórica e tamén houbo a correspondente posta en práctica.


           1.- Colocamos sobre unha mesa 5 vasos con auga (da billa, con gas, con zume de limón, con sal e  con azucre)

Cos ollos pechados, como podemos saber cal ten auga da billa?
            Describimos o sabor: doce, salgado, …
Saboreamos as cousas grazas as papilas gustativas (que podemos observalas na lingua cunha lupa).

            2.- Seca a túa lingua con papel absorbente (de cociña). Coloca un trozo de chocolate sobre a túa lingua.
Podes recoñecer o sabor do chocolate?
            Que demostra este experimento?: Que necesitamos a saliva para saborear os alimentos. Para que os alimentos teñan sabor, é necesario que primeiro as substancias químicas que conteñen se disolvan na saliva. Unha vez disoltas, estas substancias químicas poden ser detectadas polos receptores das papilas gustativas. 

PRESENZA DE AMIDÓN NOS ALIMENTOS


A outra experiencia que fixemos en 4º foi para detectar o amidón na composición de alimentos. Fíxonos pensar bastante porque non sempre estaba nos alimentos esperados. O traballo en equipo foi fundamental para axudarnos a sacar conclusións.
O proceso é o que podedes ver na presentación.





2 nov 2013

OBSERVAMOS O MOFO DO PAN - 4º



Estes son os pasos que seguimos para observar o proceso de creación de mofo no pan.  O mofo fíxose esperar pero, finalmente puidemos ver o seu aspecto coa axuda das lupas binoculares.

CONSTRUÍMOS UN APARATO RESPIRATORIO

Na aula de 4º construímos este "simulador" dun aparato respiratorio. Axudounos a entender mellor o proceso da respiración.