18 oct 2012

OS COGUMELOS DO PATIO

O outono danos moitas posibilidades para ver os cambios no noso entorno; estes días queremos aprender un pouco do que a natureza produce e saímos con moito coidado para non destrozar e que os demais tamén poidan, se queren, facer a súa recolleita de información.

Coas familias, nos seus paseos, poderán continuar a facer o mesmo.

MARÍA: hoxe fumos con Carmela observar cogumelos e recollemos un montón, pero fumos facendo grupos.

NOA: na hora de Atención Educativa estivemos facendo fotos polo patio; había moitos cogumelos. Agora estamos mirando se son tóxicas e o seu nome.

SERGIO LISTE: tamén fumos á clase de infantil-5 anos mostrarlles os cogumelos porque eles saben cousas que están aprendendo e explicáronnos moitas curiosidades.

SANDRA: hoxe collemos cogumelos porque estaban xa soltos, foi xenial e había un pequeniño.

Agora, deixamos aquí a primeira mostra fotográfica, algunhas están movidas pero o traballo non era sinxelo porque o día estaba moi malo para a nosa reportaxe pero os fotógrafos/as fixeron o seu traballo con entusiasmo.


17 oct 2012

OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS

Máis recursos para que poidades repasar o traballado na aula dun xeito lúdico, que xa sabemos que o ordenador gústavos bastante. Para estudar está moi ben!

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA LIGAZÓN
  • OS SENTIDOS (do Ceip Cordo Boullosa)

  • A VISTA



15 oct 2012

8º ANIVERSARIO DE MARCOS

Hoxe Marcos (3º), cumpre 8 anos; estaba moi contento e tamén nervioso pensando na festa que o esperaba pola tarde. Como preparación cantámoslle a canción dos "Parabéns" e el repartíu caramelos para todos/as.
 Xa sabedes que estamos esforzándonos por levar a cabo uns hábitos de alimentación saudable e iso inclúe os aniversarios así que non se trata de traer moitas lambetadas senón algo para compartir cos compañeiros e compañeiras.

Despois fixemos a foto para incluír aquí e lembrámonos de que Roberto xa celebrou o seu aniversario pero aínda non existía o noso lugar virtual dos MARABILLOSOS LARETAS, así que nesta ocasión comparten espazo os dous.

PARABÉNS PARA VÓS, NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES, MOITOS ANOS DE VIDA.

HOXE É DÍA DE FESTA, CANTAN AS NOSAS ALMAS,
PARA MARCOS E ROBERTO,
UNHA SALVA DE PALMAS.



8 oct 2012

REPASO: O APARATO LOCOMOTOR

Para que vaiades repasando un pouco o aparato locomotor, déixovos estas aplicacións ( PREME NAS IMAXES)
  • XOGO: O ESQUELETO E A MUSCULATURA



  • AS ARTICULACIÓNS: SOPA DE LETRAS


  • REPASO OS MÚSCULOS DO CORPO



3 oct 2012

APROXIMACIÓN ÁS DECENAS, CENTENAS E UNIDADES DE MILLAR

Hoxe a clase de Matemáticas (en 3º) resultou un pouco difícil. Recoméndovos usar sempre a recta numérica, que vos vai axudar a situar os números e visualizar cal está antes e cal está despois.

Para facilitar as tarefas de repaso e ir afianzando á adquisición dos coñecementos, deixo aquí estas ligazóns:


  • aproximación ás decenas - PRACTICA



1 oct 2012

AS NORMAS DE AULA - 3º


Nestes primeiros compases do curso, o consenso dunhas normas de aula e a creación duns hábitos de convivencia en xeral, son moi importantes para crear un bo ambiente de traballo.
En terceiro marcamos unhas cuantas normas e estamos empezando a cumprilas, uns máis rápido que outros. As caras (verdes, amarelas, vermellas) irémolas pegando nos casilleiros individuais; ao final conseguirán o "veredicto" en forma de man, segundo se recolle na imaxe.

Na pequena presentación de abaixo, podedes ver as normas que teñen que esforzarse en conseguir cumprir o máis axeitadamente posible para ser escolares excelentes.


NORMAS AULA-3º

O aparello dixestivo

En Cuarto estamos a repasar todo o referente ao aparello dixestivo e a súa importancia na función de nutrición.
Vede eiquí este resumo.

Aí vos van un par de ligazóns interesantes para axudarvos a aprender e entender cousas do noso interior.

Inner Body (en inglés)

O Corpo Humano en 3D (inglés tamén)

Partes do Aparello

Xogos variados