Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
17 dic 2018
ROSCÓN DE REIS 4º
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Pois mirade esta presentación co proceso de elaboración do roscón de reis. Mágoa non poder percibir o cheiro que había en todo o cole!
12 dic 2018
OBRADOIRO DE COCIÑA: ROSCÓN DE REIS - DÍA 1
Hoxe iniciamos un obradoiro de cociña que repartiremos en 3 xornadas. Todo o alumnado de 4º iniciou o proceso para elaborar un roscón de reis. A primeira parte consistiu en elaborar o prefermento e deixalo en repouso. Mañá servirá para preparar a masa.
Der paso aproveitamos para reflexionar sobre o reino dos fungos, dentro do que atopamos os fermentos e iremos vendo o efecto beneficioso que o lévedo produce na elaboración da nosa receita.
1 nov 2018
OBRADOIRO DE COCIÑA: FLAN DE CASTAÑAS
Onte aproveitamos a visita á Praza de Abastos para comprar as castañas e o resto de ingredientes para facer un flan de castañas. Con este xesto queremos concienciar da necesidade de mercar produtos de temporada e, na medida do posible, de proximidade. Será un beneficio para a vosa saúde e a do noso planeta.
A sesión de cociña resultou todo un éxito e poidemos convidar aos nosos compañeiros/as de 4ºB, que nesta ocasión non puideron participar na actividade con nós.
A sesión de cociña resultou todo un éxito e poidemos convidar aos nosos compañeiros/as de 4ºB, que nesta ocasión non puideron participar na actividade con nós.
A PRAZA DE ABASTOS DE SANTIAGO
Que pegada deixamos no medio ambiente cos nosos hábitos de vida. Comer, desprazarnos, vestirnos... todo deixa unha pegada. Nós podemos facer que sexa de menor impacto para o noso planeta e que inflúa menos no cambio climático que se está a producir.
Nós intentamos averiguar de onde proceden as verduras, froitas e hortalizas que consumimos, como se cultivan, que e como as comercializa, por que podemos comer froitas de verán en inverno, etc.
O alumnado de 4ºA saíu á rúa para saber máis. Entrevistaron a vendedoras/es que teñen posto fixo no mercado e outras persoas que venden o froito da súa colleita.
Aproveitamos para mercar unhas castañas a unha señora que vive cerca de Santiago para elaborar unha receita de flan de castañas.

28 oct 2018
OS VÍDEOS DAS ENTREVISTAS
Estes nenos e nenas de 4ºA empezaron como campeóns. As entrevistas que fixeron estes días polo colexio xa están en formato papel. Aquí están as probas do proceso levado a cabo. Grazas ás persoas que colaboraron co seu tempo e as súas respostas: Brais, Rosa, Sheyla e Pablo.
19 oct 2018
EDUCACIÓN VIARIA 4º
Hoxe tocou clase de Educación Viaria con Carlos e Maxi, membros da Policía Local de Santiago. Lembráronnos a importancia de coñecer e cumprir certas normas básicas para estar expostos a menos perigos cando imos pola cidade.
Despois chegou o momento de levalo á práctica polas rúas ata chegar á sede da Policía Local de Santiago onde tivemos o privilexio de coñecer a sala de pantallas, os instrumentos que usan para as distintas funcións que realizan no seu traballo e rematamos entrando nos calabozos.

16 oct 2018
VISITA Á OFICINA DE CORREOS
Por fin chegou o día de levar as nosas cartas á oficina de correos. Agora toca esperar que chegue ao seu destino e poder recibir outra carta de resposta.
Aproveitamos para facer unha visita guiada, que resultou ser moi proveitosa para coñecer o servizo que prestan á cidadanía.
Da man de Julián e outros compañeiros seus poidemos coñecer o traballo dos carteiros/as, o aumento no envío de paquetes, bicicletas, equipaxes, etc. motivado polo fenómeno do peregrinación a Santiago, o proceso que siguen as cartas desde que se "mataselan" na oficina (hoxe cadaquén puido facelo na súa carta) ata que chegan a destino, a importancia de poñer os datos correctamente no sobre para que as máquinas poidan "ler" correctamente os datos e facer a clasificación axeitadamente...
E, ademais deste regalo de visita, houbo premio final: unha magnífica bolsiña para a merenda que poderemos decorar ao noso gusto.
E, como o prometido é debeda, rematamos a xornada no parque.

11 oct 2018
O ANIVERSARIO DE ÁLEX SEOANE
Con esta preciosa lambetada que imitaba elementos dun campo de fútbol agasallou hoxe älex aos seus compañeiros/as. Parabéns polos teus 9 anos!
10 oct 2018
O NOSO XARDÍN VERTICAL
Hoxe estivemos preparando o noso xardín vertical: recheamos con terra obtida dos nosos composteiros e regamos.
En próximas datas teremos que completar con algunhas plantas de inverno.
En próximas datas teremos que completar con algunhas plantas de inverno.
8 oct 2018
LABORATORIO NA AULA
Para dar un pasiño máis no que se refire á reprodución das plantas, hoxe estivemos observando as esporas dun fento e o pole dunha flor. Resultou sorprendente apreciar os detalles co uso da lupa binocular!
6 oct 2018
UNHA APAIXOANTE AVENTURA POR VIVIR
Empeza un novo curso e todo está por acontecer. Alumnado, profesorado e familias cargados de ilusións. Aproveitaremos estas enerxías para aprender uns dos outros todo canto poidamos.
Nesta presentación poderedes ver algunhas das actividades que xa empezamos a facer.
Nesta presentación poderedes ver algunhas das actividades que xa empezamos a facer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)