Magnífico remate de curso: nenos e nenas, familias e traballadores do cole entoando ao unísono (máis ou menos) a canción "CATRO VELLOS MARIÑEIROS" mentres a profe Sandra toca a melodía coa gaita.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
26 jun 2016
A MÚSICA
Que a música é capaz de unir xa o sabemos. Isto poidemos vivilo o mércores pasado no noso cole con esta sinxela peza preparada pola profe Carmela para que o alumnado de 1º (A e B) a presentaran no festival de fin de curso - Letras Galegas.
De xeito totalmente espontáneo case todos os presentes bailaron/ xogaron xuntos/as.
De xeito totalmente espontáneo case todos os presentes bailaron/ xogaron xuntos/as.
EU NON SEI
O alumnado de 4º EP, coa profe Sandra, interpretaron unha parte da popular peza "Eu non sei".
O CUCO
Esta foi a actuación do alumnado de 4º no Festival das Letras Galegas - Fin de curso. "O cuco", de Manuel María e con música de Suso Vaamonde, foi a peza elixida para cantar e crear unha coreografía coa colaboración de todos. Magnífico traballo rapaces e rapazas!
22 jun 2016
SKETCHING FIN DE CURSO
Hoxe puidemos gozar dunha nova xornada para debuxar na natureza. Nesta ocasión acompañados por algunhas nais (as de Vanesa, Rodrigo, Chano e Alén), nos xardíns do Auditorio de Galicia.
19 jun 2016
OS NOSOS ROBOTS
Sátrapa iniciou con nós o obradoiro para elaborar estas magníficas pezas pero o traballo posterior produciu estes resultados, tan bonitos e tan diferentes. O proceso foi longo e os nenos e nenas demostraron que a súa creatividade non ten límites.
Parabéns para todos!
Parabéns para todos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)