30 abr 2014

10º ANIVERSARIO DE HUGO

O pasado sábado foi o aniversario de Hugo e onte agasallounos con uns brownies para cuparse os dedos. Non faltaron os parabéns de todos e os tiróns de orellas, como en todas estas ocasións.

SEMANA DA LECTURA

 Hoxe veu lernos un conto, a 3º e 4º, Marisol (amiga da profe Chus), que a maioría xa a escoitaramos con outros dous contos (escritos todos por ela): "Que misterio está ocurrindo aquí?" (baseado no conto titulado "As botas vellas" do libro "Historias máxicas e verdadeiras" de Santiago Gil Espinosa, relato finalista do concurso convocado por Aldeas Infantis SOS; que tamén nos contou Marisol  porque llo pedimos!). Graciñas!!!!






29 abr 2014

SEMANA DA LECTURA: LUCAS QUERE SER PALLASO

Estas son as fotos, de pouca calidade pola falta de luz, da presentación do conto "LUCAS QUERE SER PALLASO" a cargo do alumnado de 4º. O magnífico público estaba formado polos compañeiros/as de 3º, 5º e 6º.
Todos xuntos pasaron uns momentos moi agradables e con moitas risas.

LUCAS QUERE SER PALLASO. A PELÍCULA

Hoxe foi a estrea da película "LUCAS QUERE SER PALLASO". O alumnado de 4º recibiu fortes aplausos dos seus compañeiros/as de 3º, 5º e 6º, que envexaban o seu traballo.
Parabéns para todos e todas pola súa contribución a esta magnífica película.

28 abr 2014

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO DO COLEXIO


        Na hora de Coñecemento o alumnado de 3º e a titora fixemos unha saída ao noso patio para ver as árbores. A profe de Música ensinounos: sabugueiros, magnolios, pradairos, carballos, álamos, freixos, nogueiras, loureiros, aveleiras, maceiras, bidueiros, piñeiros, abetos, camelias, rododendros, ameneiros, castiñeiros, acivros, roseiras, mirtos, tullas, hedras... E levamos unha folla de... (Ver a foto e adiviñar).

25 abr 2014

TURQUÍA: PRESENTACIÓN DE NOA

Os tíos de Noa viaxaron a Turquía; á volta contaron a súa experiencia e Noa quedou enamorada dese país. Decidiu facer un powerpoint para compartir cos compañeiros/as e mestras algunhos datos moi interesantes sobre a vida e cultura nese país.
Os nosos parabéns para Noa por esta magnífica inciativa e pola súa exposición seguida con interese e numerosas preguntas por parte de todos. E a sorpresa final: a aportación dunhas prendas para facer a danza do ventre, que Sandra non tivo inconveniente en mostrar en público. Grazas tamén para ti, Sandra, pola túa colaboración e estilo.



TURQUÍA from Noa Feás


A SEMANA DA LECTURA

 Hoxe empezou no noso colexio a Semana da Lectura onde participan familiares do alumnado e profesorado do centro. A nai de Amal veu contarnos a 3º e 4º dous contos en árabe: "A araña Tuta" e "A árbore de granada". Graciñas!!!!