17 mar 2020


Hello everybody,
Due to the health crisis that we are experiencing with COVID-19 we have no other option than to stay at home, but we can continue learning.

Here are some proposals to work at home.

You can write your answers in a notebook you may have at home or send me an image or photo so I can correct you work. You can also read and record and send me the audio. Any way you use, it works for me.
Any questions you may have send me an email to vitemissana20@gmail.com.
You can do it!

Ola a todos,
Debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir polo COVID-19, non queda outra que quedar na casa, pero aínda así podemos seguir aprendendo.

Aquí vos propoño as seguintes actividades.
Podedes escribir as respostas nunha libreta que teñades na casa e mandar una foto da imaxe para poder corrixila eu. Tamén podedes facer unha lectura e gravala e enviarma. Calquera forma me vale.

Calquera dúbida que teñades podedes escribirme a vitemissana20@gmail.com

Moito ánimo!

A fronteira



Neste tempo que nos toca vivir, que importante adaptarnos e romper con todo aquilo que nos separa! Atopemos novas formas de comunicarnos, de xuntarnos aos demais, de facer comunidade. Toca romper as metafóricas fronteiras que nos separan e estar unidos.
As nenas e nenos de 3o de Primaria do Ceip de Vite xa o estamos a facer, anímaste? Grazas a Guadi Galego pola cesión dos dereitos da súa canción "Fronteiras". Preciosa, por certo.


Para traballar sobre este tema limos catro marabillosos contos sobre o tema:

- Unha longa viaxe. Da editorial Kalandraca (https://www.youtube.com/watch?v=o2ugt5Muo5s): Aí tedes un pequeniño vídeo que mostra algunha das súas páxinas.

- Sin agua y sin pan. Da editorial Nubeocho (https://issuu.com/nubeocho/docs/sinaguaysinpan_issu) : Aí aparecen algunhas das páxinas do libro

- Said e o muro. Kaidara (https://www.kaidara.org/recursos/saidyelmuro/): Aí podedes decargar o material

- Abajo los muros. Blume (https://issuu.com/editorialblume/docs/binder2_abajo_los_muros): Aí podedes ver algunhas das páxinas deste libro

16 mar 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO DE AUDICIÓN E LINGUAXE

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.

-       COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle  o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total). 

-       EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta. 

-       EXPRESIÓN ORAL: 
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U

-       XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…

-       REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/  e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448

·      NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!

Nunca tanto tempo tivemos para aproveitar

¿Pasan as horas na casa e non tedes que facer? 

Aquí vos deixamos algunhas ideas.

Para traballar dende a casa temos moitos recursos online que podemos aproveitar. Ademais algunhas apps están abrindo os seus contidos premium e estaría ben aproveitalos. Imos aos poucos:

http://bit.ly/Academons_Gratis AcademonsPrimaria

https://smileandlearn.com/

https://www.mundoprimariapremium.com/?ir=notpren-0901

Sería importante non abandonar as páxinas culturais que ofrecen contidos marabillosos para aprender e disfrutar.


http://www.kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=31

http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice




19 jun 2019

DO HORTO Á MESA

Rematamos a campaña anual recollendo parte da nosa colleita. Aquelas pequenas sementes agora son plantas que xa podemos convertir nunha merenda saudable: leitugas de distintos tipos, perexil, apio, espinacas, rábano, cebolas, cenoria...
Algunhas cousiñas tivemos que mercar para preparar este merenda ben saudable. As tortiñas con verduras resultaron moi saborosas ademais de saudables.

17 jun 2019

UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE

Dúas científicas da facultade de Química da Universidade de Santiago foron as encargadas de facer con nós o obradoiro "Só facemos química cando imos ao laboratorio?". A finalidade última do mesmo é fomentar o interese pola ciencia entre as nenas xa que parece ser unha profesión con máis presenza masculina.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos,  etc.



12 jun 2019

EXCURSIÓN ILLA DE CORTEGADA

A illa de Cortegada é un espazo natural protexido. Durante a ruta de sendeirismo que fixemos na xornada de hoxe aprendemos un pouco da súa historia, a súa flora e a súa fauna. Agora xa soan máis algúns nomes como o peto, a vacaloura, o cormorán, o loureiro tan característico de Cortegada ou unha especie de carballo propio da illa. Vimos os restos da aldea que alí había e explicáronnos o motivo que tiveron os seus habitantes para abandonala.