16 oct 2018

VISITA Á OFICINA DE CORREOS

Por fin chegou o día de levar as nosas cartas á oficina de correos. Agora toca esperar que chegue ao seu destino e poder recibir outra carta de resposta.
Aproveitamos para facer unha visita guiada, que resultou ser moi proveitosa para coñecer o servizo que prestan á cidadanía.
Da man de Julián e outros compañeiros seus poidemos coñecer o traballo dos carteiros/as, o aumento no envío de paquetes, bicicletas, equipaxes, etc. motivado polo fenómeno do peregrinación a Santiago, o proceso que siguen as cartas desde que se "mataselan" na oficina (hoxe cadaquén puido facelo na súa carta) ata que chegan a destino, a importancia de poñer os datos correctamente no sobre para que as máquinas poidan "ler" correctamente os datos e facer a clasificación axeitadamente...
E, ademais deste regalo de visita, houbo premio final: unha magnífica bolsiña para a merenda que poderemos decorar ao noso gusto.
E, como o prometido é debeda, rematamos a xornada no parque.


11 oct 2018

O ANIVERSARIO DE ÁLEX SEOANE

Con esta preciosa lambetada que imitaba elementos dun campo de fútbol agasallou hoxe älex aos seus compañeiros/as. Parabéns polos teus 9 anos!


10 oct 2018

O NOSO XARDÍN VERTICAL

Hoxe estivemos preparando o noso xardín vertical: recheamos con terra obtida dos nosos composteiros e regamos.
En próximas datas teremos que completar con algunhas plantas de inverno.

8 oct 2018

LABORATORIO NA AULA

Para dar un pasiño máis no que se refire á reprodución das plantas, hoxe estivemos observando as esporas dun fento e o pole dunha flor. Resultou sorprendente apreciar os detalles co uso da lupa binocular!

6 oct 2018

UNHA APAIXOANTE AVENTURA POR VIVIR

Empeza un novo curso e todo está por acontecer. Alumnado, profesorado e familias cargados de ilusións. Aproveitaremos estas enerxías para aprender uns dos outros todo canto poidamos.

Nesta presentación poderedes ver algunhas das actividades que xa empezamos a facer.

13 mar 2017

E TI QUE QUERES SER DE MAIOR?

Este é o título do obradoiro de coeducación impartido por Educultoras  a semana pasada.
Nel participaron os nenos e nenas de 3º e 4º e poideron debater sobre o rol de xénero que veñen tendo moitas profesións ao longo dos tempos.
A conclusión a que chegaron é que cadaquén debe facer aquilo que máis lle guste e que as súas capacidades e as circunstancias lle permitan.

20 dic 2016

"O CARANGUEXO - A ROSA E O CRAVO"

Os nenos e nenas de 4º gozaron mostrando un baile - xogo brasileiro que practican de cando en vez na clase de Educación Física.