ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL).
DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.
Ola a todos e todas! Agardo que estes días estedes todos ben e
a salvo na casiña! A continuación propoño unhas actividades para
non esquecernos de ler e escribir! :)
- Seguides facendo o diario? Eu tamén estou facendo un coas emocións de cada día! Á volta poderémolo compartir.
- Estes días que chegou a primavera, tamén chegou a miña alerxia ao polen e tamén á letra “R”. Que libro me recomendaríades para pasar estes días? Lembrade explicarme: como se chama, quen o escribiu, de que trata, por que vos gusta e onde podo conseguilo, pero sen usar ningunha R ou comezarei a esbirrar sen parar!
- Neste enlace: https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2020/01/textos-con-absurdos.pdf hai uns minicontos que teñen cousas sen sentido. Atópaas e noutro folio ou libreta escríbeas ben outra vez.
- Nesta web poderedes xogar ao pasapalabra para aprender vocabulario: https://pasapalabras.webnode.es/lengua/vocabulario/ puxen o de vocabulario de lengua pero podedes elexir a partida ou tema que queirades.
Nota para as familias: Están programadas para esta semana pero se alguén quere algo máis específico para traballar, algo para ampliar en semana santa, outro tipo de ideas ou actividades… avisádeme sen problema no meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal.