Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
29 abr 2015
28 abr 2015
A IMPORTANCIA DA AUGA
José Ángel, o pai de Airas, veunos falar da importancia que ten o bo uso da auga para a conservación do noso planeta. Contounos como se potabiliza a auga e deunos algúns consellos para aforrala na nosa casa. Estivo moi interesante, aínda que nós axudámoslle bastante porque xa sabiamos moitas cousas.
26 abr 2015
METEO TV3º - PROGRAMAS 3 E 4
Hoxe tócalle a publicación ao programa do equipo de Candela e ao de Airas.
24 abr 2015
XX EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS
O mércores 22 de abril, o alumnado de 4º de Primaria e de Infantil- 5 anos vimos a representación de dúas obras de teatro: "A lingua pequena" do colexio López Ferreiro e "Unha tarde máxica" do colexio de Aspanaes (que nos deron un agasallo e fixeron que colaboraramos na súa obra!). E tivemos que votar. Fixérono moi ben!!!!
METEO TV3º - PROGRAMA Nº 2
Alén, Idalina, Sara Elisa e Álvaro fixeron a previsión meteorolóxica para hoxe, venres. Acertarán?
23 abr 2015
METEO TV3º - PROGRAMA Nº 1
Os primeiros en gravar o seu programa de información meteorolóxica foron Carla García, Diego e Manuel. Elaboraron un guión moi amplo e á hora de gravalo decidimos facelo un pouco máis curto. Moi bo traballo!
A PREVISIÓN DO TEMPO EN METEO TV 3º
O reto destes días era conseguir elaborar un programa informativo coas previsións meteorolóxicas de Meteogalicia. A fase de elaboración do guión e de gravación (por equipos) está rematada.
Á espera de que remate a montaxe dos vídeos, déixovos este pase de diapositivas.
Á espera de que remate a montaxe dos vídeos, déixovos este pase de diapositivas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



