4th grade.
Check your new English work.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
20 mar 2020
Bo día a todos e todas! Cuadernos Rubio ofrece a súa app de maneira gratuita. Podedes entrar premendo aquí.
Un saudiño!
Belén.
Un saudiño!
Belén.
Nunca choveu que non escampara 2!!
Actualizamos o vídeo con algún traballo máis!!!
Pero mirade que curran estes rapaces e rapazas :)
Pero mirade que curran estes rapaces e rapazas :)
18 mar 2020
Nunca choveu que non escampara!!!!
Como nos gusta mandar mensaxes de ánimo participando nas iniciativas que nos fan parte dunha comunidade que nos coida!!!
Moito ánimo e forzas para todas e todos!!!!
Moito ánimo e forzas para todas e todos!!!!
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA - MARTINA E ÁLEX
Martina e Álex, con axuda de súa nai, fixeron este fermoso traballo.
Emocionanos vervos desde a nosa reclusión forzosa pero... Nunca choveu que non escampara!
Emocionanos vervos desde a nosa reclusión forzosa pero... Nunca choveu que non escampara!
17 mar 2020
Hello everybody,
Due to the health crisis
that we are experiencing with COVID-19 we have no other option than to stay at
home, but we can continue learning.
Here are some proposals to
work at home.
You can write your answers
in a notebook you may have at home or send me an image or photo so I can
correct you work. You can also read and
record and send me the audio. Any way you use, it works for me.
Any questions you may have send me an email to vitemissana20@gmail.com.
You can do it!
Ola a todos,
Debido á situación de crise sanitaria que estamos a
vivir polo COVID-19, non queda outra que quedar na casa, pero aínda así podemos
seguir aprendendo.
Aquí vos
propoño as seguintes actividades.
Podedes
escribir as respostas nunha libreta que teñades na casa e mandar una foto da
imaxe para poder corrixila eu. Tamén podedes facer unha lectura e gravala
e enviarma. Calquera forma me vale.
Calquera dúbida que teñades podedes escribirme a vitemissana20@gmail.com
Moito ánimo!
A fronteira
Neste tempo que nos toca vivir, que importante adaptarnos e romper con todo aquilo que nos separa! Atopemos novas formas de comunicarnos, de xuntarnos aos demais, de facer comunidade. Toca romper as metafóricas fronteiras que nos separan e estar unidos.
As nenas e nenos de 3o de Primaria do Ceip de Vite xa o estamos a facer, anímaste? Grazas a Guadi Galego pola cesión dos dereitos da súa canción "Fronteiras". Preciosa, por certo.
Para traballar sobre este tema limos catro marabillosos contos sobre o tema:
- Unha longa viaxe. Da editorial Kalandraca (https://www.youtube.com/watch?v=o2ugt5Muo5s): Aí tedes un pequeniño vídeo que mostra algunha das súas páxinas.
- Sin agua y sin pan. Da editorial Nubeocho (https://issuu.com/nubeocho/docs/sinaguaysinpan_issu) : Aí aparecen algunhas das páxinas do libro
- Said e o muro. Kaidara (https://www.kaidara.org/recursos/saidyelmuro/): Aí podedes decargar o material
- Abajo los muros. Blume (https://issuu.com/editorialblume/docs/binder2_abajo_los_muros): Aí podedes ver algunhas das páxinas deste libro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
