Despois de meses preparando sementando e coidando as nosas plantas na aula, hoxe poidemos trasplantar todo ao horto que estamos a estrear no campo que hai detrás do pavillón.
Tivemos algunha sorpresiña porque tiñamos unha planta de cenoria e dúas de tomates que, seguramente, viñan misturadas con outras sementes.
Tamén foi moi emocionante comprobar que as patacas xa están dando o seu cultivo ( o mesmo que os chícharos, aínda que estes xa os podemos ver desde fai días).
Durante unha gran parte da mañá poidemos aprender a importancia que teñen as chamadas "herbas malas", as plantas que nacen de forma espontánea, para o equilibrio ecolóxico no entorno. No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Santiago asistimos a unha charla (con identificación de plantas que nacen no campo ou nos muros) e a un obradoiro no que construímos 3 hoteis paara insectos usando materiais naturais do propio parque de Belvís.
Os hábitos (bos ou malos) non nacen de repente, apréndense.Son 21 días. O obxetivo que pretendemos conseguir falando galego. A filosofía é facelo cada día, durante tres semanas, para chegar a sobrepasar a barreira do que nos custa e que se convirta nun hábito”.
Empezaremos o día 1 de maio (aínda que non sexa lectivo) e remataremos... Ao mellor xa continuamos! Tedes 5 días para pensalo, animádevos!
Hoxe tuvemos unha xornada práctica para aprender a preparar merendas ricas e ademais saudables.
Cada equipo tiña unha táboa coas tarefas asignadas para conseguir finalmente presentar varias elaboracións para o recheo dos bocadillos.
Cociñamos arepas (unhas tortiñas de millo) e tamén usamos boliños de pan (os hidratos de carbono).
Preparamos unha riquísima crema de berros con maionesa e ovos cocidos, tamén tomate relado con aceite.
Outros alimentos disponibles foron: queixo, ovo, xamón cocido, peituga de pavo (proteínas), leituga, tomate, aguacate, berros cultivados por nós (vitaminas), aceite de oliva (graxas).
Montamos o noso "buffet" con todas as elaboracións preparadas polos distintos equipos e chegou o momento de montar os bocadillos tendo en conta que debían aportar nutrientes de todos os grupos.
Aínda que foi moi, moi traballoso o resultado final foi moi bo. E incluso poidemos convidar aos nenos e nenas de Ed. Infantil - 5 anos que viñan con moito apetito.
Esperamos que estes aprendizaxes sirvan para promover rutinas de alimentación sudable a diario!
Unha boa clase teórica e práctica sobre enerxía: as fontes para obtela, tipos, aforro enerxético e usos axeitados.
E para comprobalo usamos xoguetes ben interesantes.
Un problema, por fin solucionado, impediunos publicar antes o último Telexornal. Neste caso a nova refírese ás actividades que fan na aula de Ed. Infantil - 5 anos.