7 feb 2013

MARCHOU ZARIK: GRAN AMIGA, COMPAÑEIRA E ALUMNA

O seu nome é Zarnigor Mardonova. Hoxe marchou para o seu país, Uzbequistán, na Asia central  e quedamos con moita pena. A súa familia veu despedirse e fixemos algunhas fotos, non moitas para non prolongar demasiado o momento nin facer perder a clase aos compañeiros para esquecer os momentos tristes.
Un bico moi forte de todos nós Zarik!
Moita sorte a toda a familia!

6 feb 2013

GRAFOMOTRICIDADE... URXENTE EN 3º!!!

Un número bastante elevado de alumnos/as de 3º necesita corrixir erros adquiridos na adquisición da aprendizaxe da escritura de letras e números, trazos feitos nunha dirección incorrecta que impide un avance na velocidade e mellora da escritura.
Con esta finalidade realizaranse exercicios de caligrafía partindo desde o máis básico, que é o punto inicio de cada letra e número así como o sentido do trazo.
Déixovos aquí esta ligazón para practicar. Preme na imaxe.

OS DISFRACES DE HOXE

Como manda o Meco eles e elas  xogan; así estaban hoxe de guapos.


EXPERIMENTANDO NO RECREO

Teo, Tania e Liyukeni estiveron probando este xogo moi vello pero que tiñan abandonado: o xogo das chanclas. A cousa require unha boa coordinación entre as tres persoas pero lograron o obxectivo. O máis difícil foi xirar para facer as curvas.

5 feb 2013

TALLER DE CARAUTAS

O luns facendo estas fermosas carautas dos personaxes da película de Kung Fu Panda. O obradoiro estivo dirixido por varias monitoras e un monitor do concello de Santiago. Todo o resto de nenos/as do cole tamén elaboraron as súas e... haberá premios para as millores!


UN "LIBRO" PARA ZARIK

Este é o libro que fixemos para agasallar a Zarik, cos nosos mellores desexos para que se lembre do cole de Vite e dos seus compañeiros e compañeiras; tamén das profes. Nós imos botala moito de menos.

4 feb 2013

DÍA EMOCIONANTE - VAISE ZARNIGOR

Hoxe era un día emocionante porque puxemos cousas brillantes, tamén porque fixemos unhos agasallos que tiñamos preparados para Zarik.
Zarik é unha gran compañeira, no tempo que estivo aquí conseguiu que todos a queiramos un montón e por iso se merece todos estes agasallos: un libriño feito por todos, uns DVDs con fotos e vídeos e tamén algo que mercamos na tenda.