21 may 2014

VISITA DE CONCHA BLANCO

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron unha visita moi especial: a escritora Concha Blanco. Contoulles cousas moi interesantes sobre a literatura e sobre ela: os motivos que a levaron a facerse escritora, os libros que publicou, a súa paixón pola nosa lingua...
Fixéronlle moitas preguntas e estiveron atentísimos, tanto que ata a propia escritora os felicitou.
Para rematar a autora asinoulles os seus exemplares de Tita, o seu libro nº 28, que todos tiñan lido na clase.
Estaban emocionados coas súas dedicatorias!


1 comentario:

Luisa dijo...

Dou fe de que se portaron moi ben. A verdade é que dá gusto facer actividades con estes nenos e nenas de 3º e 4º.