31 ene 2016

CONSEGUIMOS UN BALÓN PARA O RECREO!

Ao remate da magnífica campaña electoral que fixemos en 4º no 1º trimestre deste curso había que poñerse a traballar para acadar algunha das propostas que levabamos nos nosos programas electorais.
Antes de marchar para as vacacións de Nadal redactamos 4 escritos para as correspondentes autoridades ou entidades educativas (Conselleiro, Concelleiro, Director e Presidenta da ANPA).
A ANPA foi a primeira en contestar, xa están mirando as posibilidades de ofertar actividades máis baratas para as familias con dificultades.
Esta semana recibimos un escrito do Director do cole que viña acompañado dun balón, tal e como lle pedíamos. Iso si coa condición de coidalo e xogar con deportividade e respecto aos compañeiros/as.

1 comentario:

Luisa dijo...

É que estes nenos e nenas saben como facerse entender e son moi convincentes. Agradecemos ao director e á presidenta da ANPA que atenderan as súas peticións. A ver se toman nota desde o Concello e a Consellería, polo menos contestándolles ás súas misivas.