Seguindo o ronsel de grandes éxitos que Cuarto ten tras del coa representación sensacional e incrible da obra Os Poemas do Río (que xa arrasou no festival de Nadal, no encontro intercentros de teatro, en Broadway e no West End londinense) presentamos a actuación que este curso tivo no centro de día para maiores da Volta do Castro, na nosa cidade. Nesta ocasión tivemos unhas convidadas de excepción: unhas cantas amigas da asociación AGAEA!
Eiquí tedes unha escolma deste día e da actuación:
Eiquí tedes unha escolma deste día e da actuación:
Preparándonos para saír
Agardando polo bus
Cantando coas compañeiras de AGADEA a espera foi máis curta
En ruta!
Comezamos! Sen nervos: somo profesionais!
A cada momento temos que parar polos aplausos!
Finalizamos e saudamos. Logo falamos co noso público, para logo cantar unhas copliñas coa xente de AGADEA.
E, por fin, o merecido premio: fiame, pizza, croquetas! Ñam, ñam!!!
2 comentarios:
Estádenos enchendo de alegrías pequen@s!!! Gracias pola vosa dedicación e agarimo. Bicos fortesssss
Xa facedes máis representacións que algunhas compañías profesionais. Parabéns para todos vós
Publicar un comentario