Hoxe tivemos un pequeno "aperitivo" do que é facer un enredo nun momentiño coas nosas propias mans, ademais de poder coñecer un cereal do que se fala no libro de Coñecemento do Medio: a avea.
Onte, dando un paseo, ocorréuseme traer unha mostra para poder facer unhas gaitas e armar esta orquestra na clase; como os músicos son impacientes as gaitas rompían unha tras outra e a orquestra non conseguiu tocar toda xunta. Non sei se podemos dicir que facían música pero ruído si que armaron bastante.
Agora, a practicar buscando no voso tempo libre e tamén acudindo á Ourense que vos digo eu que vai merecer a pena o que alí haberá que ver, que construír e sobre todo que xogar! Animádevos toda a familia, e non deixedes aos avós na casa!
vídeo gaitas de avea-03
vídeo gaitas de avea-02
vídeo gaitas de avea-01
No hay comentarios:
Publicar un comentario