Estamos inciando ao noso alumnado na realización de técnicas para conseguir unha visualiación global dos temas de Coñecemento do Medio. O proceso é o seguinte:
1. Lectura xeral
2. Lectura por partes, suliñando en distintas cores (asignando categorías)
3. Realización do ESQUEMA ou MAPA CONCEPTUAL:
- en parellas/tríos
- utilizando unha aplicación dixital (MINDOMO/ MINDJET), tanto para ipad como para ordenador
- facer a explicación de todo o tema para o resto do grupo, utilizando o esquema feito como soporte
- utilizar o esquema elaborado (en copia - papel) para estudar na casa, expoñendo o seu contido en voz alta, escribíndoo, ampliándoo, etc.
Aquí podedes ver as tres primeiras presentacións, algúns explícanse xa con moita soltura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario