28 feb 2019

SEMENTAR, COLLEITAR E COMER

Levamos un tempo sementando dentro da aula á espera de que teñamos o espazo destinado a horto do cole xa preparado e tamén que chegue o tempo óptimo para planta fóra.
Non se nos da nada mal. Aínda que algunhas sementes non quixeron xerminar, outras van medrando cada día.
E, no medio de todo isto, chega Lorraine a facer prácticas con nós e súmase a iniciativa aportando unhas sementes para colleitar berros. Plantamos en algodón e procuramos ter o conxunto ben hidratado. O crecemento foi moi, moi rápido e xa estamos coméndoos nas nosas merendas diarias. Isto provocou que moitos nenos e nenas traian substitúan outro tipo de merendas por os clásicos bocadillos. Así collen a correspondente ración de berros e... merenda saudable!

3 comentarios:

Unknown dijo...

os berros estaban moy ricos!!!

Unknown dijo...

os berros estaban moy ricos!!!.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Pois teremos que plantar máis, non?