Hoxe demostramos que unha clase de matemáticaspode ser moi divertida. Tratábase de afianzar o concepto matemático de fracción utilizando como recurso unha riquísima pizza. Ademais de facelas tuveron que ir superando os retos que tiñamos preparados: repartir entre 5, repartir en trozos diferentes pero que todas as persoas comeran a mesma cantidade, trozear a pizza rectangular para compartir entre todos/as, calcular con decimais os cartos que gastamos para facer esta actividade...
Lorraine, a alumna en prácticas, e máis eu quedamos gratamente sorprendidas polo bo traballo feito.
3 comentarios:
Ah vale, por eso coméchedes pizza �� Mmmm qué boa pinta...
Claro, estudamos matemáticas e para iso tivemos que facer a pizza!
Publicar un comentario