4 nov 2013

O PEÓN NA CLASE DE ED. FÍSICA

Aínda que os peóns saíron ao patio do noso cole hai tempo,  hoxe empezou "oficialmente" a actividade de XOGO CO PEÓN, nas clases de Ed. Física.
Algúns xa trouxeron a súa obra de arte para participar na III mostra mundial de decoración de peóns, outros esqueceron que tamén fai falta un para bailalo, xogar e aprender trucos.

Este ano imos a facer un circuíto de  habelencias co peón: bailar á patada, bailar normal, o canciño, o ascensor, a serra e calquera outro truco que sexan capaces de facer.

Tamén practicaremos xogos: OS VEZOS, O TURBO, OS BECHOS...

Se premes na imaxe poderás acceder á galería de imaxes de hoxe.
PEÓN 13 - 2ºCICLO

3 comentarios:

Unknown dijo...

Ola Carmela:
Son Patricia, a nai de Óscar Casais.
Non podemos ver as fotos. NOn sei si o resto da xente o pode facer. Supoño que as colgaches bloqueadas para que non sexan públicas, e pídeme a túa autorización para que as poida abrir. Xa che mandei unha solicitud para que me permitas acceder,
Un saúdo.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Pois tés razón. Xa aprobei a túa solicitude de acceso pero agora xa as fixen públicas. Perdoade as molestias pero é que non me fixei na opción de privacidade.

Unknown dijo...

Gracias.