21 mar 2013

FALAMOS POR SKIPE CON TZARIK!

Hoxe foi un día de grandes emocións: apareceu na clase Faruk, o pai de Tzarik, para facer unha conexión coa súa casa en Uzbequistán.  A sorpresa foi maiúscula, algunhas caras vermellas, berros e algarabía...
Mostrámoslles uns agasallos propios da cultura uzbeca, con moitos dourados que nos trouxo. Moi peculiar unha especie de sombreiro para que a teteira "non pase frío" (para manter quente o té).
Tzarik é unha nena moi querida por todos e a posibilidade de falar con ela, púxoos un pouquiño descontrolados.
Todos e todas tivemos a posibilidade de falar con Tzarik e con Shoji. Hoxe era día de festa e estaba toda a familia, avós, tíos e tamén habería outros convidados así que estaban con roupas moi bonitas, as mulleres coas mans pintadas coa "henna"... TZARIK ESTABA GUAPÍSIMA!!!
Esta conexión foi moi emocionante e enriquecedora.


1 comentario:

Ceip de Vite dijo...

Unha mágoa que fallase tanto a conexión... Pero aínda así: que usos tan marabillosos lle podemos dar á tecnoloxía!