O avance está feito co IMovie, unha curiosa aplicación do IPad que esixe pouco a nivel técnico (gravar unhas imaxes de xeito secuenciado, e a aplicación fai o resto) pero moito a nivel organizativo (traballo en equipo, saber escoitar, poñerse dacordo coa temática e estilo, que gravar e que non, unha vez gravado saber se se lle pode dar o visto bo... etcétera).
Todos colaboramos na realización dos textos e na maioría dos planos de imaxe (con algo de axuda do teacher, pero todos gravaron varios planos).
Sendo a primeira incursión que facemos no mundo audiovisual agardamos que vos guste para poder seguir traballando outros aspectos dunha educación holística coma este.

PS: Non, ao final Ana non desaparece como ela quería... quizais quede para a tan desexada segunda parte!
3 comentarios:
Sodes uns cracks, parabéns para vós e para o profe Pablo,, que lle saca moito mérito pero ata os profesionais o fan así!
Menuda intriga! Cando poderemos ver o filme? Noraboa polo traballo!
Felicítovos, sodes moi bos
Publicar un comentario