O que quedou claro foi que a temática tiña que abordar algún problema para educar en valores, co que co abano era amplo aínda que, para eles/as o aspecto monetario resultou ser bastante "preocupante".
Unha vez configurados os tres equipos, pasamos á acción. Cada equipo de alumnos/as dispoñía dun ipad pero había un problema: tres equipos e dúas profes. Con organización, paciencia e "espabilación" do propio alumnado, fixemos este traballo que queremos que faga reflexionar sobre problemáticas presentes na sociedade de hoxe en día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario