Ese nome tan estrano é o que ten un asteroide ao que a sonda OSIRIS-REx vai visitar para recoller mostras.
O asteroide é un veciño noso, e está moi cerquiña da Terra (tarda 436 días en dar unha volta ao Sol... lembrade que nós tardamos 365: iso significa que está un pouquichiño máis lonxe do Sol que nós).
É pequecho: só mide 493 metros de diámetro, e está un pouco triste, xa que non ten nome.
Pero iso vaise arranxar: dende a páxina Planetary.org propuxeron un concurso: Poñer nome a ese asteroide!
O grupo de Atención Educativa de 4º, composto por Yasmina Rey, Khadija, Ana, Diana e Juan, decidimos concursar e chamarlle BREOGÁN, coma o nome do mítico rei galego. Pensamos en PEÓN, por ser un xoguete popular; en VITE, en OBRADOIRO, en COMPOSTELA e noutros nomes, pero logo vimos que os da UAI (a Unión Astronómica Internacional) preferían nomes mitolóxicos. Mandamos un formulario coas nosas razóns para chamarlle Breogán, e o teacher Pablo traducíuna ao inglés e aló a mandamos.
Ogallá nos elixan!
Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.

1 comentario:
É unha iniciativa ben fermosa; o mesmo opino do nome elixido. Parabéns para todos/as vós!
Publicar un comentario