Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
5 nov 2012
O MURAL DO OUTONO XA ESTÁ REMATADO
O título é "AS CORES DO OUTONO"; a cor que lle tocou ao 2º ciclo foi o amarelo e así foi como tivemos que facer toda a decoración: fixemos distintos detalles entre os de 3º e os de 4º; hoxe colocámolo no mural (os que axudamos acabábamos de recibir as caras verdes do mes de outubro e foi un bo agasallo; outro día tocarálles a outros compañeiros/as que tamén gañaron as caras verdes).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
O mural do outono é moi fermoso. Felicítovos a tod@s. María (nai de Manuel de 1ºE.P.)
Podedes poñer unha foto de todo o mural? No vídeo de youtube non consiguimos velo completo. Grazas
Pois tés razón María, nesta páxina colgo os traballos feitos polo alumnado do 2º ciclo así que non podes ver todo o mural porque non está. Pero grazas a ti doume conta que con tanto traxín do día do peón, magosto, etc. tampouco fixen as fotos do mural completo así que mañá fareinas e xa poño unha nova en leriasdevite. Grazas polos teus comentarios e aportacións.
Publicar un comentario