ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.
- COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total).
- EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta.
- EXPRESIÓN ORAL:
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U
- XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…
- REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/ e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448
· NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal
Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!
No hay comentarios:
Publicar un comentario