Ourense, cidade das Burgas, resultou ser un lugar fermoso e con moitos recunchos especiais. Grazas a Rosa, a nosa guía, poidemos visitar e aprender un pouquiño sobre a súa catedral (que ten moitas semellanzas coa de Santiago), a orixe das augas termais (nas Burgas comprobamos que saen a diferentes temperaturas, todas moi quentes), a praza dos nenos onde se reunían para xogar e que ten unhas placas na honra de personaxes fantásticos, algúns oficios como o de afiador, a ponte romana e a ponte nova...
Pola tarde tivemos a oportunidade de gozar nas termas públicas de Outariz, cambiando das pozas de auga quente ás de auga fría constantemente.
Unha experiencia magnífica a pesar do calor.
5 comentarios:
Pasámolo xenial!! Coma sempre, unha experiencia marabillosa. Os nenos e nenas portáronse estupendamente e gozaron un montón.
Si es que no hay actividad que hagan estos niños que haga que no me de envidia. ¡Quiero hacerlo todo!
Y profes, sois unas valientes, jajaja. Esa piscina, con tanto garbancito en remojo!!!Me da algo.
Pois como disfrutamos Luisa e máis eu remollándonos cos "garbancitos"!
A min gustou un montón a excursion de fin de curso. A parte de aprende moitas cousas foi moi divertido
Chano veu flipado, encantoulle todo.
Gracias.
Publicar un comentario