Levamos un tempo traballando para desenvolver un espíritu crítico en relación á publicidade. Trátase de analizar unha serie de anuncios que podemos ver en calquera canle de TV poñendo atención en cada detalle e descubrindo onde está a trampa.
E que mellor maneira de comprobar se aprendemos algo que elaborando o noso anuncio.
Cada equipo traballou a idea, o guión e a propia gravación. Isto é o que saíu, non está nada mal. Bravo polos meus publicistas!
3 comentarios:
Moi interesante e divertido.
Grandes publicistas!Noraboa!
Menudos artistas! De aquí a Hollywood tan só a un paso!
Publicar un comentario