A partir de agora VITE NENOS, formado por Diego, Sara Elisa, Antón e Karla, terán que intentar levar á práctica algunhas das propostas incluídas no seu programa electoral. Non vai ser nada doado porque piden:
- Máis profesorado para atender a nenos e nenas con "necesidades especiais".
- Unha rampa para que todos/as poidan subir á pista de deporte.
- Máis xoguetes para os recreos de Ed. Infantil e tamén dos maiores (parece que só lles queda un balón para xogar ao fútbol e está roto).
- Actividades extraescolares de balde para que poidan participar nenos/as sen recursos.
- Arranxar os baños.
Non credes que o programa está ben completiño?
1 comentario:
Que se prepare o equipo directivo que estes nenos e nenas pisan forte. Teñen moi claro o que queren e van loitar por conseguilo.
Publicar un comentario