12 nov 2014

UN DÍA CON ÁNGEL CARRACEDO

O luns 10 de novembro, Ángel Carracedo estivo no noso colexio dándonos unha charla sobre o ADN. Fixo un experimento para demostrarnos como podemos ver o ADN nuns chícharos. Explicounos moi ben como se facía. Ao final, fixemos unha rolda de preguntas por se non entenderamos algo sobre o que nos explicou. Pareceume unha boa experiencia porque tiña ganas de coñecelo. Ademais eu non entendía moito que era o ADN e agora xa entendo máis o que é.        
                                                                                                               SARA MÍGUEZ 3º



                                

 Para min foi un honor que Ángel Carracedo viñese ao noso colexio porque é un científico moi importante, coñecido en todo o mundo. Contounos cousas moi interesantes sobre o seu traballo.

                                                                                                                         ANTÓN LAREO 3º

 Como ben din os nenos, foi un honor contar coa presenza de Ángel Carracedo no noso cole.A experiencia foi estupenda tanto para os nenos e nenas como para as profesoras que tivemos a sorte de poder escoitalo. Para os que non puidestes facelo, deixámosvos unha pequena mostra. Aproveito para reiterarlle o noso agradecemento porque ben sabemos como anda de atarefado e, sen embargo, fixo un oco na súa axenda para visitarnos. Moitas grazas!

3 comentarios:

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Que bonita experiencia. Mágoa de non poder estar alí!

María Cernadas dijo...

Que sorte poder coñecer a este gran científico! Esta xente merece recibir todo o noso apoio para poder seguir investigando. Moitas grazas.

Anónimo dijo...

Carmela a sido moi interesante un bico tamara