Cambiando de tema, aquí tedes uns enlaces para aprender as táboas de multiplicar de forma divertida. Espero que o pasedes ben e que as aprendades pronto.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
27 nov 2014
MÁIS SOBRE O UNIVERSO
TRABALLANDO SOBRE O PLANETA TERRA
Os nenos e nenas de 3º andan metidos nun novo proxecto de aprendizaxe. Nesta ocasión o tema central é "O planeta Terra".
Dispoñen dun guión e unhas tarefas estruturadas en distintas fases, que teñen que realizar. As presentacións, realizadas cos ipads, conlevan a posterior exposición oral para os compañeiros.
Aínda que difícil, tamén lles resulta moi interesante e motivador. Estas son imaxes do traballo nos distintos equipos.

24 nov 2014
ANO PLATERO
O alumnado de 4º celebramos o centenario (1914-2014) da publicación de "Platero y yo" (libro traducido a 48 idiomas) de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de Literatura) facendo unha lectura conxunta.
19 nov 2014
A ORIXE DO UNIVERSO E ALGO MÁIS
Iste é o título dunha pequena presentación, que elaborei para introducir ao alumnado de 3º no tema que están empezando, O PLANETA TERRA, empezando pola súa orixe.
A GUERRA DE TROIA
Hoxe, o alumnado de 3º e 4º, estivemos no Auditorio de Galicia vendo un espectáculo histórico de narración, títeres e animación titulado: "A guerra de Troia".
Os gregos á esquerda do escenario e os troianos a nosa dereita.
Os gregos á esquerda do escenario e os troianos a nosa dereita.
ASÍ FIXEMOS O NOSO EXPERIMENTO
Durante a II Semana da Ciencia en Galego fixemos un experimento para aprender que lle fai o vinagre aos ósos. Así repasamos o tema da alimentación. Aprendemos que o vinagre, como é acedo, quitáballe o calcio aos ósos.Todos sabemos que os ósos necesitan moito calcio. Realizamos un cómic para presentarlle aos compañeiros de 4º o noso experimento.
Aprendemos moito e foi moi fácil. Agora gustaríanos facelo outra vez!
CHANO, KARLA E DIEGO
12 nov 2014
UN DÍA CON ÁNGEL CARRACEDO
O luns 10 de novembro, Ángel Carracedo estivo no noso colexio dándonos unha charla sobre o ADN. Fixo un experimento para demostrarnos como podemos ver o ADN nuns chícharos. Explicounos moi ben como se facía. Ao final, fixemos unha rolda de preguntas por se non entenderamos algo sobre o que nos explicou. Pareceume unha boa experiencia porque tiña ganas de coñecelo. Ademais eu non entendía moito que era o ADN e agora xa entendo máis o que é.
SARA MÍGUEZ 3º
Para min foi un honor que Ángel Carracedo viñese ao noso colexio porque é un científico moi importante, coñecido en todo o mundo. Contounos cousas moi interesantes sobre o seu traballo.
ANTÓN LAREO 3º
Como ben din os nenos, foi un honor contar coa presenza de Ángel Carracedo no noso cole.A experiencia foi estupenda tanto para os nenos e nenas como para as profesoras que tivemos a sorte de poder escoitalo. Para os que non puidestes facelo, deixámosvos unha pequena mostra. Aproveito para reiterarlle o noso agradecemento porque ben sabemos como anda de atarefado e, sen embargo, fixo un oco na súa axenda para visitarnos. Moitas grazas!

11 nov 2014
FIXEMOS UN ESPIRÓMETRO
O alumnado de 4º EP fixo un espirómetro para poder medir a capacidade pulmonar. Estes son os pasos necesarios para poder facelo na casa, narrados por eles mesmos/as. Utilizaron a aplicación VOICE, para ipad.
10 nov 2014
LIBRO ALIMENTACIÓN 3º
Aínda que con retraso, déixovos hoxe a presentación dos traballos feitos polo alumnado de 3º, dentro do proxecto sobre alimentación.
9 nov 2014
AS EXPOSICIÓNS NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
O venres, tivemos unha sesión científica, con intercambio de experiencias entre o alumnado de 3º e o de 4º. Estes rapaces e rapazas, que traballaron durante días nos preparativos, demostraron que teñen moita soltura para falar en público. Resultou ser unha experiencia moi positiva para todas e todos.
8 nov 2014
OBRA DE TEATRO E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
O mércores, 5 de novembro, o alumnado de 3º e 4º asistimos a unha representación teatral "Rumpelstikin, o anano saltarín" (Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro? Cal é o prezo da riqueza?...). Antes aproveitamos para ver a exposición de marionetas de África que había alí tamén. A continuación, visitamos o Museo de Historia Natural.
6 nov 2014
TRABALLANDO EN EQUIPO EN 3º
Estas son imaxes de hoxe. Traballo en equipo do alumnado de 3º:
Uns, aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto da alimentación, tiñan que preparar menús equilibrados.
Outros facendo esquemas do tema actual de Ciencias Naturais, aprendendo a seleccionar as ideas principais e as secundarias e a organizar a información. Todo iso coa axuda dos ipads, usando a aplicación MINDOMO.
PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS
https://plus.google.com/photos/105555881205836485805/albums/6078638990912704673/6078638993660551442?banner=pwa&pid=6078638993660551442&oid=105555881205836485805
Uns, aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto da alimentación, tiñan que preparar menús equilibrados.
Outros facendo esquemas do tema actual de Ciencias Naturais, aprendendo a seleccionar as ideas principais e as secundarias e a organizar a información. Todo iso coa axuda dos ipads, usando a aplicación MINDOMO.
PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS
2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL
Estas son algunhas fotos da participación do alumnado de 3º e 4º no 2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL, celebrado na Biblioteca Ánxel Casal. Son de baixísima calidade pero así saíron...
Trabalinguas, sortes de rifas, cantigas de berce, diálogos á porta da casa... Unha marabilla escoitalos a todos e todas.
Trabalinguas, sortes de rifas, cantigas de berce, diálogos á porta da casa... Unha marabilla escoitalos a todos e todas.
4 nov 2014
SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Estes días todo o alumnado e profesorado andamos moi ocupados, entre outras cousas. Aínda non podemos deixarvos a presentación completa, para non perder a sorpresa. Déixovos un avance dos preparativos na clase de 4º.
2 nov 2014
O PEÓN, UN XOGUETE DE SEMPRE
Este é o vídeo que elaboraron os nenos e nenas de cuarto, na clase de Ed. Física do mércores pasado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)