13 jun 2014

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

Hoxe o alumnado de 4º tivo a oportunidade de gozar cunha clase de Ed. Física extra. Aproveitando a marcha dos compañeiros de 6º, que ían de acampada, realizaron unha carreira de orientación polo recinto do colexio. A actividade presentábase como un reto para eles e podo dicir que saíron moi, pero que moi satisfeitos/as. E a profe tanto ou máis.
Foron capaces de orientarse moi ben, parándose a interpretar o plano, axudándose uns a outros...
E xa reservaron outra para o seguinte curso!

2 comentarios:

Javi dijo...

¡Que boa idea!
Definitivamente ides conseguir que non esquezan estas clases.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Iso estaría ben! Nós lembráremolas, seguro; para eles é o normal.